Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día dos Namorados

Poderán presentar os seus traballos os maiores de 14 anos. O prazo de presentación será do 1 ao 14 de febreiro de 2018. Pódense consultar as bases na páxina web da biblioteca a partir do día 1 de febreiro. Fallo do xurado: mércores 21 de febreiro, ás 19:00 h no vestíbulo.Nese momento leremos as obras gañadoras en voz alta e falaremos sobre o amor e o proceso de creación das cartas cos autores e co público que se queira sumar ao evento. Haberá 3 premiados con lotes de libros.

Galego

Día da Ilustración

Como cada ano, e coincidindo con aniversario do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. A xornada permite poñer en valor o traballo que realizan os ilustradores e as ilustradoras e dar a coñecer ao público a súa obra. 

Galego

Día do Usuario

Comeza un novo ano e por tanto iníciase o novo Calendario do Libro e a Lectura 2018 coa primeira efeméride do ano, o 11 de xaneiro, Día do Usuario. O usuario é a razón de existir dunha biblioteca pública. Os seus fins principais, conservar e difundir o patrimonio bibliográfico de Galicia, carecerían de sentido sen o demandante de información. Este é o motivo polo que as bibliotecas públicas esfórzanse por conseguir un grao de calidade que satisfaga as demandas máis esixentes dos seus usuarios. A atención, mellora dos servizos, coidado da actitude, crear empatía, xerar un bo ambiente...

Galego

Cabalgata dos Reis Magos

Os Reis Magos botarán man da súa maxia e estarán presentes nas rúas das diferentes localidades galegas durante a tarde do 5 de xaneiro. Baixo diferentes paraugas temáticos, os monarcas visitarán aos nenos galegos e recollerán as súas peticións de agasallos para o Nadal, ao tempo que repartirán caramelos. 

Os percorridos poden varias por mor das causas climáticas, polo que é recomendable confirmar nas webs dos propios concellos que as cabalgatas e os seus percorridos non sufran alteracións. 

 

Galego

Día do Usuario/a da Biblioteca

Con motivo do Día do Usuario e da Usuaria, o 11 de xaneiro, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convida a todos os seus usuarios a participar nas actividades conmemorativas previstas na biblioteca:

. Visitas guiadas á biblioteca, ás 10 e ás 17 horas para todos aqueles que desexen coñecer os servizos, espazos e coleccións cos que conta.

Galego

IV Recital Poético Solidario Internacional

Vilalba acolle unha nova edición do seu recital poético solidario, baixo o lema Verso, ¿que traes? Esperanza. O evento está organizado por Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba. As entradas terán un prezo de 5 euros, que servirán para recadar fondos para a campaña de xoguetes de Cruz Vermella. 

Participarán unha vintena de poetas, como Marica Campo, Xosé Otero Canto, Toño Núñez, Antón de Guizán ou Fátima Fenández, e Néstor González interpretará varias pezas ao piano eléctrico.

Galego

O poeta é un cazador alucinado

25 anos despois do pasamento do poeta Avilés de Taramancos, unha das voces máis importantes da poesía contemporánea, o Grupo Ouriol réndelle homenaxe neste recital multidisciplinar no que haberá música, poesía e pintura. Do recitado do poemas encargarase a comunicadora Eva Veiga, ao tempo que os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares ambientarán a lectura. Ademais, durante o recital proxéctanse as imaxes realizadas para o evento polo artista Alfonso Costa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades