Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Filocafé

O CGAC organiza un ano máis os Filocafés na súa cafetaría. Estas iniciativas son conversas públicas, enfocadas desde un punto de vista filosófico, nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Galego

XXVII Semana Micolóxica

O luns 8 de outubro comeza o prazo de inscrición da XXVII Semana Micolóxica do Concello de Cambre, que este ano se celebrará do 15 ao 20 de outubro.

De luns a martes terán lugar os faladoiros, o venres 19 de outubro celebrarase un showcooking Aula de Cociña de Porto-Muiños.

O sábado terá lugar a sesión de práctica.

O terceiro domingo de novembro terá lugar a exposición de micoloxía no Parque da Igrexa na que colabora da Asociación Micolóxica Andoa.

Galego

Celebramos o día da Biblioteca

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. A conmemoración naceu co obxectivo de trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da f

Galego

Que é a biblioteca para ti?

Para poder participar describe que é a biblioteca para ti a través dun debuxo ou dun texto manuscrito dun máximo dunha folla A4.
Os traballos presentaranse nas plantillas que están a vosa disposición na sala infantil ou en folios en branco.
É moi importante que poñades nos vosos traballos:
*nome e apelidos
*idade
*nº de socio da biblioteca
*nº de teléfono ou correo electrónico para poder avisarvos en caso de que gañedes o premio.
Prazo de presentación de traballos: do 20 de setembro ó 20 de outubro na sala infantil.

Galego

25 aniversario do CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) está de aniversario. Para celebrar os seus primeiros 25 anos de vida, o museo contará cunha programación especial de actividades, nas que se inclúen concertos, talleres, cursos, charlas e cinema, e que completarán as exposicións en curso. 

Programa 

MÉRCORES 26 DE SETEMBRO

19:00 h

CONVERSA ENTRE DIRECTORES

No Auditorio do CGAC

O CGAC propón un exercicio de memoria e de reencontro con algúns dos directores que formaron parte da historia do CGAC.

Galego

V CERTAME DE RELATO CURTO

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o quinto certame de relato curto, que ten por obxectivo o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

 

Dirixido a: maiores de 16 anos.

Tema: o mar.

Idioma: galego ou o castelán.

Prazo de inscrición: do 18 de setembro ata o 18 de outubro de 2018.

 

Os premios son:

1º premio: Vale de 120 euros na libraría Cronopios .

Galego

Quedamos na Casa!

A Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada ó aloxamento de profesores convidados e visitantes da Universidade de Santiago de Compostela. Ocupa, ademais, un edificio histórico, a Finca Simeón, tamén chamada Finca de Vista Alegre, un palacete indiano de Daniel García Vaamonde. A actividade non só abre as portas do edificio ao público xeral, senón que ademais o enche de actividades culturais.  Quedamos na casa! é unha cita co teatro, a música, a danza e a fotografía, que ocupan os diferentes espazos do palacio.

Galego

Rouplay

IV Rouplay é un concurso de playbacks, que supón o primeiro deste estilo a nivel comarcal. Celébrase en Atios e consta de tres categorías:

- Categoría A: Entre 0 e 13 anos
- Categoría B: entre 14 e 25 anos
- Categoría C: A partir dos 26 anos

Haberá un premio por cada categoría, ademais dun premio absoluto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades