Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ofeitoaman

Ofeitoaman é a feira de artesanía por excelencia da cidade de Vigo, e a máis importante de Galicia durante o Nadal. Celébrase na terraza exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo, na zona da Estación Marítima. Nela participan 21 obradoiros artesáns de toda Galicia e Portugal, onde poderás atopar produtos con garantía de orixe.

Galego

Belén en San Fiz

Máis de 200 figuras de barro e lenzo pintado, todas feitas a man, compoñen este nacemento que inclúe diferentes escenas, pezas en movemento e tamén iluminación.

A Igrexa de San Fiz, fundamental na historia fundacional de Santiago, permanece habitualmente pechada ao público, polo que a exhibición do belén brinda unha ocasión inmellorable para visitala. 

Galego

Beléns de Tui

Situado xunto ao retablo da Expectación da Catedral de Tui, a exposición Beléns do Mundo pode verse na Capela das Reliquias, e está conformada por 400 nacementos procedentes de numerosos países.

Galego

Belén familiar de Conxo

A famila Otero Moreira abre as portas da súa casa para mostrar este belén, comenzado polo pai de Paco Otero en 1945 e, do que se cumpre o 72 aniversario. O Belén ocupa 45 metros cadrados a diversas alturas. Consta de 202 pezas decorativas (casas, pontes, fontes...), 1.730 puntos de luz, 1000 figuras e 104 figuras en movemento. O Belén escenifica 35 pasaxes relacionados co nacemento de Xesús.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades