Belén da Grande Obra de Atocha
Nunha superficie de 120 metros cadrados represéntase o mapa de Xerusalén con 150 figuras artesanais.
Foi inaugurado no 1953 e restaurado no ano 2001.
Nunha superficie de 120 metros cadrados represéntase o mapa de Xerusalén con 150 figuras artesanais.
Foi inaugurado no 1953 e restaurado no ano 2001.
Este nadal poderase disfrutar do belén móbil no 2º andar do Edificio Liceo.
O sábado 16, ás 12:00 o alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF) do Concello de Betanzos desenvolverá os tradicionais cantos de Nadal.
Como os anos anteriores, Pontevedra acollerá durante as datas do Nadal outra edición de NadalOcio, un evento lúdico e cultural onde a diversión e o lecer están asegurados.
As actividades terán lugar no Recinto Feiral da cidade, onde os asistendes gozarán de múltiples actividades: inchables, futbolins, karts..., ademais dunha espectacular pista de xeo para patinar nestas datas de frío.
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental está constituído polos establecementos dedicados ao comercio, hostalería, lecer, servizos e profesionais situados nas rúas urbanas do centro histórico de Pontevedra.
A partir do 20 de decembro estrea Pontenadal, unha feira de artesanía e agasallos cunha chea de casetas e moito espírito do Nadal.
A área lúdica está dirixida a nenos de entre 0 e 14 anos, nela hai un espazo infantil, para nenos de entre 0 a 3 anos, unha área de atraccións como o tren da bruxa, saltamontes e inchables moi grandes.
Na área lúdica - deportiva hai unha pista profesional de karts e outra pista infantil. Ademais, conta cunha pista de slot. Esta área está dirixida a nenos de entre 3 e 16 anos.
*Entrada ao salón 6€.
Este Nadal os máis pequenos da casa poderán disfrutar de obradoiros variados no Poboado de Nadal que estará instalado na Praza de María Pita. Nel poderán ver a casa de Papá Noel, o pozo dos desexos, o xardín dos xoguetes e figuras de luz en 3D, entre outras cousas. Ademáis de participar en actividades como concertos, obradoiros, xogos ou dando voltas no carrusel.
O poboado ten unha moeda propia, os nadales, que se repartirán entre os clientes do comercio local e poderánse trocar nas atraccións.
Espazo lúdico educativo dedicado ás familias que poden gozar das vantaxes dun gran parque do Nadal.
O programa inclúe moitas actividades e recursos especialmente seleccionados para os máis pequenos.
Chega a Santiago, tras o recital de Barcelona no Pipa Club o 2 de novembro, Poetas itinerantes, no que as voces galegas e catalás unan os seus versos para ofrecer unha mostra da poética contemporánea que se está a facer en Galicia e Cataluña. Os poemas de Anna Gual, Joan Pons, Blanca Llum Vidal, Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial serán os protagonistas da xornada.
O Arquivo do Reino de Galicia culmina hoxe, 16 de novembro, a celebración do Día Internacional do Patrimonio Mundial con algunhas das actividades programadas para esta semana en colaboración con outros arquivos, bibliotecas e museos de Galicia e o Consello da Cultura Galega.