Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día das Librarías

Sétima edición do Día das Librarías. Numerosos establecementos da comunidade abrirán as súas portas ata as 22 horas, aplicando descontos do 5%. Moitos organizan ademais diversos eventos, co gallo da celebración, tanto para os máis novos como para os adultos. 

 

A Coruña

 

18 h. Espazo Lector Nobel, A Coruña. Contacontos.

Galego

CataaArte

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollerá todos os xoves desde o 2 ata o 30 de novembro a presentación e degustación de viños de distintas bodegas da D.O. Ribeiro, acompañadas de accións culturais paralelas de distinto ámbito.

Programa

2 de novembro: música con Tato Trío

9 de novembro: música con MounQup

16 de novembro: música con Ton Risco & Jacobo de Miguel

23 de novembro: danza contemporánea con Nuria Sotelo & Cris Vilariño

30 de novembro: teatro musical con Lili Berlin

Galego

Observación do ceo nocturno con telescopio

Actividade guiada e explicada de observación dos astros, a cargo do persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC no marco do programa Todocosmos e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

No salón de actos faise unha breve explicación da observación e despois, no exterior da biblioteca, obsérvanse varios astros co telescopio.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non acompañen ese día, moveríase a actividade a outro día. 

Requírese inscrición previa, máximo 50 persoas. 

 

Galego

Santiago(é)tapas

Uns 70 establecementos de hostalaría da cidade presentaron as súas propostas gastronómicas para participar nunha cita que con cada edición cobra forza no calendario dos eventos gastronómicos galegos. 

Todos os amantes da boa cociña poden gozar das mellores tapas en Santiago de Compostela. O concurso ten como fin promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

O público pode votar a súa tapa favorita nos posavasos especiais do concurso que lle serán entregados coa consumición.

Galego

40 anos de Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego comezou a súa andadura alá por 1977. Quería ser non só un depósito de obxectos senón tamén unha testemuña do presente e unha invitación "reflexión colectiva sobre os problemas actuais do país así como as vías posibles para a súa solución". En 2017, o Museo está de aniversario. Fai 40 anos e dedicará dúas semanas a celebrar a efeméride. 

Galego

Mozart: vida e obra

Neste curso impartido polo musicólogo Faustino Núñez, farase un repaso sobre a vida do compositor austríaco e a súa obra, que marcou a historia da música.

Todo explicado de forma sinxela, sen tecnicismos, facéndoo accesible a todos os públicos.

Galego

Xornadas de xogos

Para conmemorar a Semana Internacional dos Xogos, organizamos dúas xornadas de xogos na biblioteca para maiores e pequenos/as:

*Xornadas de xogos libres. Salón de actos.

Ven e xoga con xogos de mesa. Entrada libre, a participación está suxeita á dispoñibilidade dos xogos. Para todos os públicos.

*Xornadas de xogos de lóxica para nenos e nenas de 2 a 13 anos. Sala infantil.

Xogos dinamizados por persoal da xoguetería Chafarís das 16:30 ás 20 h. Entrada libre, a participación está suxeita á dispoñibilidade dos xogos.

Galego

I Xornada League of Legends

Organizamos a I Xornada League of Legends na biblioteca, unha tarde de xogo e intercambio co LOL como protagonista. 

A xornada desenvólvese das 17 ás 21 h no Salón de Actos da biblioteca.

  • Masterclass dun ex-xogador profesional. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
  • I Torneo LOL BPS. Precísase inscrición previa, prazas limitadas. 
  • Intercambio de impresións entre os e as participantes, facemos comunidade. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Galego

Filocafé 2017

Un ano máis, o primeiro domingo de cada mes ás 18:30 h, desde outubro ata xuño (agás no mes de xaneiro), o CGAC organiza un filocafé na súa cafetaría. Os filocafés son conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades