El séptimo vicio
Dende as instalacións do CGAI emitirase o programa de cinema de RNE 3 El séptimo vicio presentado por Javier Tolentino.
Duración: 60'
Dende as instalacións do CGAI emitirase o programa de cinema de RNE 3 El séptimo vicio presentado por Javier Tolentino.
Duración: 60'
Desde comezos de 2017 o escritor Suso de Toro foi o responsábel do deseño e organización do Tac, tac, tac, unha proposta única de creación literaria ao vivo que achegou á libraría Numax a centos de afeccionados á lectura desde o arranque da actividade no mes de xaneiro.
A iniciativa chega á súa fin coa creación por parte de Suso de Toro do derradeiro relato do ano na máquina de escribir da libraría.
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o cuarto certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.
Para mais información consultar as bases do certame.
Nesta nova edición participarán corenta establecementos que ofrecerán tapas cuxos prezos irán dende un a tres euros.
O xurado popular será o encargado de escoller o gañador do concurso e un xurado técnico elixirá ao establecemento que representará a Lugo noutros concursos.
O público que valore as tapas, do 1 ao 5, entrará no sorteo de varios premios.
Do 22 ao 24 de setembro celebrarase a final.
Diferentes locais hostaleiros da cidade herculina ofrecerán tapas nas que mesturan innovación, tradición e creatividade.
O locais poderán participar neste concurso coas modalidades de "Tapa tradicional" e "Tapa Cretiva". Os premios serán outorgados por un xurado e polo público que consuma as tapas, que poderán marcar o seu voto nun cartón no establecemento e depositalo nunha urna.
Os máis aventureiros poderán gozar dunha acampada na que compartir e coñecer a nosa flora e fauna, a importancia dos bosques e hábitats e os costumes e oficios vencellados á madeira a través da mostra Da árbore á cadeira. E, como colofón, pasa unha noite rodeado de natureza e á luz das estrelas e de lendas mitolóxicas no corazón do Bosque de Galicia.
+ info e venda de entradas: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/unha-noite-no-bosque
Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 16 de maio as bases dun concurso de literatura infantil e xuvenil destinado ás nenas e aos nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Prazo e lugar de presentación de solicitudes: desde o 17 de maio ata o 16 de xuño.
Inspirados no pensamento aberto e multidisciplinar de Luis Seoane, os artistas urbanos de 7H, NANA, Ernesto de Cicco e Vanesa '
O alumnado de Educación Infantil de 3 anos do CEIP López Ferreiro lembrará a Carlos Casares recitando poemas e contando contos traballados na súa aula. Na sala infantil.
Durante a semana do 17 ao 24 de abril a Biblioteca realizará unha Campaña de liberación de libros. Liberarémolos por diferentes espazos da nosa biblioteca e as persoas interesadas poderán escoller que libros levar a casa entre unha gran variedade. Despois de lelos, poderán á súa vez deixalos nalgún lugar da nosa cidade para que outra persoa goce coa súa lectura. Esta campaña ten como obxectivo expandir a cultura máis alá das paredes das bibliotecas e espazos culturais.