Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Convocatoria do VIII Concurso de Banda Deseñada "B.D. Vigo"

A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel convoca por séptimo ano consecutivo o VII Certame de banda deseñada “B.D. de Vigo”. O prazo de presentación dos traballos será a partir do 14 de marzo e rematará o 17 de abril de 2017. Os traballos presentaranse á: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. C/ Joaquín Yáñez, 6 (Casco Vello) Vigo. Hemeroteca, 1ª planta.

Galego

Concurso Andersen Hoxe

A  Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel adhírese ao concurso "Andersen hoxe" convocado pola OEPLI (Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil) e as súas diferentes seccións, entre as que se atopa Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Galego

Ocultas tras a representación: a imaxe da muller na arte

As artistas silenciadas serán as protagonistas das visitas guiadas que o Museo de Pontevedra celebrará no marco do Día Internacional da Muller.

Desde o gabinete didáctico proponse unha reflexión sobre o papel da muller na Historia, na Arte e na vida, facendo un repaso polas condicións que marcaron a súa existencia, ausencia ou esquecemento.

O 8 de marzo ás 20:00 horas a conservadora de pintura e debuxo do Museo, Mª Ángeles Tilve Jar, analizará nunha conferencia “O traballo feminino a través da obra Las cigarreras de Gonzalo Bilbao”.

 

Galego

Observatorio-Socio-Educativo Inspira

SÁBADO SOCIOEDUCATIVO - BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, a través do seu programa de voluntariado, promove o  “Observatorio Socio-Educativo Inspira”, 6 sesións de charlas que teñen por finalidade abrir un espazo de debate e encontro entre os/as implicados/as de forma directa ou indirecta no ámbito do cambio e a dinamización socio-educativa.

MARÍA BÓVEDA  (4 DE MARZO 2017 DE 11:00h a 13:00h)

Galego

Mulleres de ciencia: o talento escollido

Conmemoramos o Día Internacional das Mulleres, o 8 de marzo, co noso panel de Mulleres Científicas no que podedes xogar a relacionar a 13 investigadoras formadas nas universidades galegas, desde os anos 20-30 do século XX ata a actualidade.

Adherímonos así á proposta da plataforma Iniciativa "11 de febrero" para visibilizar o traballo das científicas e crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e da enxeñería e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.

O panel está na sala infantil.

 

Galego

TAC, TAC,TAC

Na segunda entrega do "TAC, TAC, TAC. Un conto nun lugar nun límite de tempo", á cooperativa Númax ten como convidado o escritor coruñés Manuel Rivas.

El será o encargado de escribir en directo un conto na vella Olivetti da nosa libraría. Posteriormente, este texto mecanografado só se poderá ler no espazo físico da Libraría NUMAX durante un mes.

Galego

Homenaxe literaria e musical

A Real Academia Galega celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha homenaxe literaria e musical. O músico Roi Casal interpretará poemas da escritora musicados por el mesmo nun acto no que tamén haberá recitados dos seus versos a cargo de Rosalía F. Rial, Ánxeles Penas e os académicos Marilar Aleixandre, Salvador García-Bodaño e Luz Pozo.

Galego

Día Internacional da Lingua Materna

A Xunta de Galicia, a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar celebran a festa da Lingua Materna, instituída pola UNESCO no ano 1999 para promover o multilingüismo e a diversidade cultural mediante o impulso ás linguas con menos falantes. Tras un breve acto institucional, o coñecido cantante de música infantil Pablo Díaz e a súa banda (Carmen Rey, piano e voz; Tito Calviño, guitarra acústica) empregarán o engado das músicas do seu disco Xente miúda, moita fartura para interactuar cos nenos e nenas e coas súas familias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades