Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ofrenda floral na imprenta Juan Compañel

A AELG en colaboración coa súa base asociativa e, neste caso coa Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo, está a organizar por toda Galicia lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.

En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

En Vigo, tras a ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, farase un percorrido ata o Centro Cívico, onde se fará unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro.

Galego

Escape room na biblioteca

O Escape Room é un xogo de aventuras físico e mental no que un grupo de xogadores son encerrados nunha habitación onde deberán solucionar enigmas e crebacabezas de todo tipo para ir desenlazando a historia e conseguir "escapar" antes de que remate o tempo dispoñible.

As e os participantes deben axudar a Rosalía a atopar o seu manuscrito. Teñen 30 minutos para solucionar o enigma. Se non o conseguen quedan pechados na biblioteca para sempre.

Hai dúas oportunidades, ás 18h e ás 19 h, pero non se pode repetir.

Para nenos e nenas de 10 a 14 anos.

Galego

Dragal

O Proxecto Dragal, que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinario de animación á lectura e á creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación, que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad. A escritora encargarase de lles levar a maxia do noso ser fantástico aos centros participantes. Os rapaces e rapazas terán ocasión de intercambiar impresións coa escritora e ela asinaralles os seus libros.

Galego

Día do usuario/a das bibliotecas

  • Sorteo de 2 lotes de libros  (adulto/ infantil) entre os usuarios que utilicen a biblioteca o día 11 de xaneiro.
  • Visita guiada á biblioteca ás 12:00 h. e ás 18:00 h.
  • Nomeamento de Socios de Honra  aos tres usuarios infantís e os tres adultos con máis préstamos durante o ano 2016.
  • E varias sorpresas para os usuarios que acudan á biblioteca ese día.
Galego

Os Bolechas, Nadal en familia

A familia máis famosa de Galicia, Os Bolechas, percorrerá este Nadal 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para celebrar as festas cos nenos e nenas, a quen acompañarán mentres estes xogan. Haberá un concurso e exposición de postais; cartas aos Reis Magos; contacontos; xogos populares; sorteo de libros; obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo... e moitas outras actividades divertidas para toda a familia.

Galego

Concurso de postais

A Cidade da Cultura anima os máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.

Participar é moi fácil: colle o patrón, pinta o teu Nadal no Gaiás e envía a postal por correo postal, ao mail online@cidadedacultura.org ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 23 de decembro. As seis máis orixinais recibirán un agasallo da Cidade da Cultura e un pack de entradas familiar para asistir ao Nadal Rock do 28 de decembro.

Bases

Galego

La Canalla

Presentación do taller integral de creación téxtil. No 97 decidiron deixar os seus traballos no téxtil convencional e dedicaronse a un proxecto de vida e de traballo ético e sustentablew para as persoas e para o planeta.

A paixón por transmitir os seus valores e o xeito de facer, lévanos a envorcar a nosa experiencia, mediante obradoiros ou faladoiros, en escolas, centros educativos, empresas responsables e iniciativas sociais.

Entrada libre ata completar aforo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades