Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

39ª Edición Festival Cineuropa

DATAS APROXIMADASDesde o ano 1988 Compostela vive a súa peculiar cita cinéfila con 'Cineuropa'. Durante todo o mes de novembro pásase revista ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de copias especialmente restauradas para este festival non competitivo, alleo aos intereses económicos, pensado exclusivamente para disfrute do espectador.

+Info

 

Galego

Obradoiro de creación libre dun xoguete

Neste obradoiro, que correrá a cargo da Cooperativa Miudiño, os nenos e nenas terán liberdade para manipular materiais naturais e empregar ferramentas para transformar, modificar e crear o que desexen.
Prazas para:     
- Nenos/as de 4 a 9 anos acompañados dun adulto.     
- Nenos/as a partir de 10 anos (poderán quedar sen acompañante)
Inscricións: museo.pedagoxico.galicia@edu.xunta.gal
+Info
 

Galego

Novembro. Mes da Ciencia na Biblioteca de Galicia (2019)

PROGRAMA:
*9 de novembro, ás 17:00 h, nas salas I e II.
'Escape Room - Ciencia de escape': Obradoiro para dar a coñecer contidos científicos potenciando a lóxica e a axilidade mental, impartido pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia.
Público: de 12 a 15 anos.
Inscrición previa na web: www.cidadedacultura.gal (25 prazas)
*16 de novembro, ás 17:00 h, na sala I.

Galego

Celebramos o Día das Bibliotecas

O 24 de outubro CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemoralo a Biblioteca programa ao longo de toda a semana unha serie de actividades: 

Xoves 24 "XORNADA DE PORTAS ABERTAS"

Se queres coñecer mellor a biblioteca, os seus fondos, a súa historia e as súas instalacións ensinámoscha ás 12:00 horas e ás 19:00 horas.

Achégache á biblioteca o 24 de outubro e terás un premio: un libro, un marcapáginas...

Xoves 24 ás 18:30 horas no Salón de actos,  ENCONTRO LITERARIO "Palabras máxicas", obradoiro de escritura creativa con Chus Molina Raspal.

Galego

Día das Escritoras

O Día das Escritoras xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, salientar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica.

Galego

Club de Lectura Fácil

 

Down Lugo reúnese os mércores para ler na Biblioteca Pública de Lugo.

Todos os mércores reunirémonos para ler o Libro da Selva.

Faremos unha chea de actividades relacionadas con este libro.

 

Horario: mércores, de 10:30 a 11:45

Lugar: Sala multiusos da Biblioteca Pública de Lugo

Galego

Obradoiro de Ioga

 Obradoiros de Ioga con Xoxé Carlos Caramés para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Actividade que precisa de inscrición previa que se pode facer chamando aos teléfonos 988788385 ou 988 788386. O prazo de inscrición ábrese o luns anterior á realización da actividade a partir das 12.00 h.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades