Arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña
O Castro de Baroña é un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico.
Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.