Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Literatura Dramática e Teatro Nacional

O Quisco Afonso, na Coruña, albergará os actos dun evento que se convoca co lema Literatura Dramática e Teatro Nacional e no que participarán tanto os membros da asociación como outros creadores interesados no xénero teatral e que estará aberto ao público.

A mañá, ás 12 horas, estará dedicada ao encontro entre literatos, nun debate sobre "A Literatura Dramática galega na actualidade".

Galego

Panorama das iniciativas culturais na rede

A cultura e os contidos culturais son un eixe central do consumo e do uso de Internet na actualidade, tanto en Galicia como noutras partes do mundo. O abaratamento de custes e as facilidades de acceso posibilitan que nos últimos anos observemos en Internet un importante incremento de cibermedios e servizos culturais iniciados con accións de emprendemento, por individuos ou pequenos equipos que exploran un espazo non só de lectores, senón de sustentabilidade económica e social.

Galego

O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe

"O galego é un mundo" é un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para alumnado de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Con vocación de continuidade, na súa primeira edición chegará a 12 centros de educación secundaria. A iniciativa ten como obxectivo fomentar nos centros de ensino a consciencia da diversidade lingüística e do multiculturalismo e contribuír a erradicar os prexuízos existentes con respecto ao galego.

Galego

XII Encontro Galego de Ilustración

Este encontra acolle dúas interesantes charlas no CGAC.
A entrada é libre e de balde.

- 11:20 BAMBINOMONKEY [Animación/Publicidade] 
Ignacio Maroto, experto en deseño de personaxes, falará da súa traxectoria e traballo, cunha breve sesión de pintura dixital en directo.

- 13:00 XOSÉ VIZOSO [Produto/Cartel/Editorial] 
A través dun coloquio co autor faremos un percorrido polo seu traballo como deseñador en Sargadelos, cartelista e ilustrador.

Galego

Certame aRi(t)mar da música e a poesía galego-portuguesa

aRi(t)mar galiza e Portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que celebra agora a súa primeira edición, e ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galicia e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía . 

O certame consta de catro categorias: Mellor tema musical galego, Mellor tema musical portugués, Mellor poema galego e Mellor poema portugués. 

Galego

A Responsabilidade Social Corporativa en Galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Consello da Cultura Galega e coa Fundación Galicia Empresa na organización deste encontro que quere analizar, non só o panorama xeral da Responsabilidade Social Corporativa (RSC), senón tamén como se incorpora no caso de Galicia unha orientación cultural e lingüística que interpreta a RSC como vía de xeración de valor para todos os grupos de interese e para mellor colaborar cara a un desenvolvemento sostible.

Galego

As cancións tradicionais galegas na escola e no fogar

O cancioneiro popular galego pervive na memoria colectiva grazas á transmisión oral. Esta herdanza musical foi coidadosamente recompilada, analizada e clasificada por recoñecidos etnomusicólogos: Casto Sampedro, Jesús Bal y Gay e Eduardo Torner, Colectivo Fuxan os Ventos, Dorothe Schubart e Antón Santamarina, entre outros. A maioría destas cancións e danzas tradicionais foron recollidas no medio rural galego nunha época na que tiñan unha función intimamente ligada á vida comunitaria.

Galego

A literatura infantil e xuvenil. Relacións texto-imaxe

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este curso dirixido a mestres, profesorado de ensino secundario e a calquera persoa interesada no tema.

Galego

Juan Luis Arsuaga

Participación no Spin 2016 deste experto paleontólogo e codirector das excavaciones arqueolóxicas na Serra de Atapuerca. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica abordará a súa intervención baixo o título de Evaluación e adaptación.

Maís información, aquí

Galego

Homenaxe a Manuel María

O acto, organizado polo Concello de Monforte en colaboración coa Real Academia Galega,  durará ó redor de dúas horas. Ademais do alcalde e do presidente da Real Academia Galega, está previsto que interveñan os escritores Margarita Ledo Andión, Antón Lopo, Fina Casalderrey, Lois Diéguez e Salvador García Bolaño. Tamén estará o economista Manuel Rajo, amigo persoal do poeta.

Por outra parte, estudantes dos tres institutos da cidade do Cabe lerán poemas do homenaxeado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso