Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala
O Concello de Ferrol, o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega, organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos" baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala".
Neste ano 2016, onde se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño.