As mil e unha noites
Sinopse: Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de como a o seu enxeño logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. Tratátase de... As mil e unha noites!!
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.
Sinopse: Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de como a o seu enxeño logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. Tratátase de... As mil e unha noites!!
A Formación está integrada por reputados músicos cunha extensa carreira noutros grupos e nunha infinidade de orquestras galegas. A experiencia gañada como músicos e interpretes executantes, fai que os temas que interpretan soen o máis parecido aos temas orixinais.
No seu intenso e variado repertorio, pódense atopar temas de todo tipo de xénero e época, acumulando no seu repertorio temas da talla de grupos como Queen, Dire Straits, The Beatles, The Rolling Stones..
Somos un cuarteto formado por Voz, Piano, Contrabajo y Batería.
Con nosotros recordaréis algunos de los HITS que han marcado la historia de la música.
Joe Cocker, Michael Jackson, Tina Turner, Luz Casal, Elvis Presley, Queen y Police entre otros, estarán presentes en nuestros conciertos siempre bajo nuestra forma de entender la música, por lo que las canciones han sido versionadas, arregladas y adaptadas a nuestro cuarteto a los estilos del Swing, Blues y Funky entre otros.
¡¡¡¡Let´s go HITS!!!
Concerto con cancións propias do primeiro CD de The Cerne, e tamén versións dos anos 70 / 80 de grupos internacionais coma Pink Floyd, Gary Moore, Texas, Joe Cocker, Doobie Brothers e moitos mais.
Tres pezas de guiñol nas que o público participará activamente, representadas nun teatriño moi chamativo e creado especialmente para actuacións en espazos exteriores.
O vampiro Slurp, un divertido vampiro que nos aterrorizará da risa.
Sidulfo e o Diaño, o diaño anda solto polo teatriño intentando apoderarse das almas dos guiñoles... ¿Qué fará Sidulfo?
Hipo, unha peza representada por dous paiasos na que non se precisa de palabras. Entre os dous loitarán contra un forte ataque de hipo.
Amoriños contei, unha seria de contos de fontes diferentes, no que se destaca a presenza do amor en cada un dos contos que se contan e escoitan no mundo; pero non falamos só do amor entre os namorados, senón o amor entre os amigos, o amor a un fillo, o amor ás zapatillas vellas, o amor as cousas... Amores agochados en cada un destes contos, amores esquecidos, atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores..., amoriños contados
Tania Fuegho da a coñecer a súa valía como cantante cando interpreta por dúas veces con Mónica Naranjo "Sobrevivirés", "Pantera en liberad" onde a crítica lle da unha moi boa nota.
Realiza outas colaboracións con artisatas como Francisco, Andy y Lucas, Angy, ...
Tania Fuegho, unha artista de voz poderosa, gran testura, talentosa, que desprende unha gran simpatía e carcanía.
Un concerto único, espectacular e íntimo.
A música galega está pasando por un excelente momento, pois conta na actualidade con grandes e variadas propostas entre as cales destacan as destinadas ao público máis pequeno.
Neste concerto didáctico, faise unha viaxe polas diferentes músicas e ritmos do mundo, dedde Galicia pasando por Latinoamérica (Brasil, Perú, Cuba..) ata África.
Utilizando o teatro e buscando a complicidade e a participación dos nenos e nenas, irase explicando as características dos instrumentos que empregan dunha maneira lúdica, deténdose nas anécdotas de cada instrumento ou cada ritmo ou estilo musical.
Silvia Penide e Felix Arias únense para facer soar temas propios e cancións dalgúns dos seus referentes musicais dende un punto de vista moi particular conseguindo crear unha atmósfera enerxética e envolvente coa que o público disfruta percorrendo grandes clásicos da canción popular (Dúo Dinámico, Patty Pravo, Chavela Vargas,Christina Rosenvinge,...).