Camiños
Camiños é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as, guiando esta interpretación con contos, adiviñas e moitas sorpresas. Esta é a proposta máis cercana entre público e autor na que Magín procura a axuda e participación do público na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexa este Camiños.