O gaiteiro cabezudo
Un "gaiteiro cabezudo" e un percusionista ofrecen aos cativos, de xeito divertido, un concerto didáctico de música tradicional.
A través dunha charla coñecerán as características da gaita galega e dos instrumentos que a acompañan.
Os nenos e nenas participarán tocando instrumentos, aturuxando, cantando e bailando pezas populares moi coñecidas.
Esta actividade forma parte da programación de Ler conta moito.