Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A lingua galega en escena

Neste obradoiro as rapazas e rapaces reproducirán mediante teatro de sombras, obxectos e monicreques a historia da lingua galega, despois de fabricar os personaxes e elaborar o guión utilizando diferentes materiais dispoñibles en calquera biblioteca (dende enciclopedias ata bandas deseñadas).

Galego

Contos para bebés

Pavís Pavós propón unha sesión de contos, arrolos, cantos e ladaíñas para bebés, que ao mesmo tempo supoñan unha ferramente para os papás e as mamás. O obxectivo é tamén recuperar e transmitir a nosa rica tradición oral.

Actividade para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Museo nómade

A actividade centrarase na artista galega Maruja Mallo a través de lectura de textos e dunha explicación didáctica apoiada en audiovisuais. Concluirá cun traballo en grupo para poñer en común o aprendido, así como coa realización dunha obra de arte conxunta.

Sesión didáctica para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Galego

Contos encantados

Espectáculo de narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante. 

Sinopse: Os contos transladannos a un estado especial de imaxinación, de ilusión e de escoita.

 

Espectáculo dentro da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

 

Galego

Construíndo o noso libro ilustrado

Un obradoiro para experimentar como é o proceso de creación dun libro ilustrado a partir do achegamento a diversos tipos de libros, e da experiencia coma ilustradora de Minia Regos Sanz, Gargallando. Os nenos e nenas realizarán o seu propio libro ilustrado, experimentando con diversas técnicas grafo-plásticas desde un enfoque lúdico.

Para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Duración: 120 minutos

Obradoiro creativo para o programa de dinamización lectora Ler conta moito.

Galego

As cousas pequenas contan

"Iso é un lucecús?" "Non, é unha lanterna". "E aquilo, é un caracol?""Non, é un metro". Neste obradoiro creativo os obxectos máis cotiáns do fogar poden converterse, grazas ao poder da imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que o mesmo neno ou nena creará. Porque as cousas máis pequenas que hai ao noso redor tamén contan historias.

Nenos e nenas: de 6 a 12 anos

Duración: 90 minutos

Obradoiro de Xulio Varela para o programa de dinamización lectora Ler conta moito.

Galego

Obradoiro de improvisación en verso (regueifa/brindo)

Obradoiro impartido por Regueifeiros de Galicia dirixido a todas aquelas persoas con inclinación á práctica do verso clásico rimado, da controversia dramatizada ao estilo clásico e con curiosidade por coñecer as tradicións populares do país (e tamén fóra del). Os improvisadores da asociación veñen realizando estes obradoiros en infinidade de colexios e institutos.

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos, mocidade e adultos.

Obradoiro para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Brinca Vai! De aquí a acolá

Brinca vaiI! de aquí a acolá é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia da man de Paco Nogueiras que axudará a nenos e nenas a descubrir as diversas apariencias que ten a lectura. 

Espectáculo musical para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Manoele de Felisa

Manoele de Felisa, cantautor galego con diferentes traballos publicados, ofrece unha actividade para lles achegar aos cativos e ás cativas o mundo da poesía a través das súas interpretacións musicais, así como algunha sorpresa lúdica para manter a atención e facela máis atractiva para o público infantil.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Galego

Divermaxia

Actividade de dinamización da lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os nenos e nenas. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender coas suas historias cheas de maxia.

Espectáculo de maxia para o programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Nenos e nenas: De 3 a 12 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito