Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sheila Patricia: A Moura

Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música. Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares. A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila. A Moura, o espectáculo que está a presentar, trátase dunha fusión do que representa a esencia da nosa artista.

Galego

Pablo Lesuit con banda

Formato con banda, concierto eléctrico y cargado de energía, un show en el que se presentan las nuevas canciones de Pablo Lesuit llenas de movimiento y baile. Se podría definir como un encuentro entre la canción, la música de raíz e independiente y la música electrónica.

Galego

The Beauty Full Tour

A vocalista e compositora galego-suíza estrea novo disco, nova xira e con ela a súa renovada e gran banda.

A inconfundible voz dá galardoada polos Premios Martín Códax dá Música Galega e ou Festival Internacional dá Canción LIET en Holanda, presenta novo traballo discográfico, que leva ao directo cun potente e luminoso formato sexteto. Compositora, letrista e vocalista do proxecto, Nastasia continúa a florecer na súa carreira profesional asentando con este terceiro disco a súa colorida, persoal, creativa e inigualable pegada artística.

Galego

Night Court

MR. RIVER naceu da fusión de diferentes estilos musicais como Jazz, Rock, Blues, Flamenco, Funk, música tradicional galega e influencias de músicos e bandas como; Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons, Scott Henderson, Pat Metheny, Chick Korea, John Scofield, Larry Carlton, Jaco Pastorius, Marcus Miller, Victor Wooten, Dave Weckl, The Aristocrats, Uzeb .... creando así unha diversidade de composicións orixinais, baseadas nas experiencias e sentimentos do compositor, dando lugar a un estilo propio, chamado "River Style" (son americano feito en Galicia).

Galego

Valentín Caamaño Quartet

Presentación do disco “All The Gods”. Gravado o pasado 13 de marzo do 2020 nos estudos Savik Sound de Ponte Caldelas polo cuarteto de Jazz Valentín Caamaño Quartet, e editado polo selo discográfico Tiny Moon Records. Salvo un tema do disco, tódalas composicións son orixinais (temas compostos por Valentín Caamaño e un tema de Alfonso Calvo). O cuarteto está formado ademáis de Valentín Caamaño, polos músicos Xosé Miguélez ao saxo tenor, Alfonso Calvo ao contrabaixo e Miguel Cabana á batería. Todos eles músicos destacados do jazz galego. 

Galego

Sandwina

The Lákazans volve para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo ao estudio para plasmar o que será o seu terceiro traballo discográfico que non fai mais que consolidar o seu talento compositivo.

“Sandwina”, inspirado na muller mais forte do mundo, amplian o seu rexistro a novos xéneros da música america, mais aló do seu blues característico. Deste xeito, podemos atopar nel desde o country ata o mais sentimental rockabillly.

Galego

HOMENAXE AO ROCK HISPANO DOS ANOS 80

Fernando Esclusa, á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz e baixo eléctrico, e Alberto Dopico "Delpi"(exBastards on Parade) á batería, proxectaron as súas obsesións musicais cara á década dos sesenta. Con todo, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para infinidade de veladas e festas de gardar decidiron sacar este coidado set list, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos anos 80.

Galego

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso

Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto a experimentación electrónica e percusiva dos prestixiosos músicos Nacho Muñoz e Lar Legido .

Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo, de grande beleza e sensibilidade e absoluta liberdade creadora.

Faia Díaz Novo, voz

Nacho Múñoz, electrónica e piano

Galego

Lidia India

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de ferrolterra. Tra-la súa estancia en Sudamérica, principalmente no Brasil, a súa música vese influenciada polo ritmos afrobrasileiros misturados coa súa raíz galega. Dende o seu retorno no 2014, colabora en diferentes proxectos da escena musical de Ferrolterra percorrendo Galicia e Portugal e dende o 2017 e cofundadora, cantante, guitarrista e percusionista da banda “Maina Materia” 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo