Rede galega de música ao vivo

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Maneras de vivir

Nesta xira faranos viaxar unha vez máis polas versions dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total...)

Galego

Fransy Davide Cibrán en Concerto

Fransy González (percusión e voz), Davide Salvado (percusión e voz) e Cibrán Seixo (violín e mug) son tres coñecidos músicos de ampla traxectoria no panorama musical galego e internacional.

Da unión destas tres carreiras artísticas individuais xorde esta nova proposta musical e escénica, partindo dun repertorio de música tradicional pura como os intérpretes aprendenderon nas aldeas.

Galego

Catuxa Salom en concerto

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis destacadas do movemento folk-electrónico do momento. En 2022 publica o seu disco revelación Nunha aldea, un EP de debut producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, que reflicte en cada canción un universo sonoro que vai da música tradicional galega aos ritmos latinos. Un disco envolto por unha atmosfera tribal que convida ao baile e nos conecta co noso lado máis puro e salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom crea un lugar onde o fogar e o amor pola natureza están moi presentes.

Galego

Algo que sinalar

Un crossover entre versos medievais recitados sobre bases de hip hop, moito flow e tintes de contracultura

Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre o punto de encontro de Laura LaMontagne & PicoAmperio, capaces de establecer pontes coas músicas e literaturas de antano traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos.

Galego

Cró! presenta BUAH!

Cró! acaba de editar a través de Spinda Records e en colaboración coa Metamovida o seu quinto disco "Buah".

 

O disco está a ser bendecido tanto por crítica coma pública que ven neste último traballo unha continuación na exploración das posibilidades da canción entroncando coa cultura de raíz así como a música clásica e a electrónica. Cró! sempre deslumbran mais con este disco están a conseguir facer bailar as pernas e cerebros de toda a xente, risa e baile para o ben común, un espectáculo para non perder.

 

 

Galego

Diego Castro solo

Despois de vintecinco anos adicándose á música profesionalmente en infinidade de formacións, Diego Castro lanza o seu primeiro proxecto en solitario, cun estilo moi presoal que fusiona a música de raíz norteamericana e galega. Letras comprometidas e intimistas e un blues acústico e cru completan a mestura, que nace con vocación de levar estas cancións a todos o recunchos do país. Acompañado soamente da súa guitarra, unha harmónica e un bombo, conecta coa tradición dos cantautores e os trobadores que percorrían o mundo levando a súa música ao lombo.

 

 

Galego

Deconstruir e refacer

Nuada é unha banda xoven de rock da Galiza, que se consolida arredor do 2016. Durante os seguintes catro anos de traxectoria a formación compúxose de Nina á batería, Elena ao baixo e aos coros e Brais coa súa voz e guitarra.A día de hoxe atopámonos presentando dito disco; “Deconstruir e Refacer”, na caótica situación que nos tocou vivir. Este traballo contén sete temas que se moven entre o rock, o metal, e o punk, cheos de combatividade e forza, situando a banda no mundo do rock galego, cun estilo fresco, xoven e renovado.

Galego

Un novo espertar

"Un Novo Espertar" é o primeiro traballo de estudo da banda CUARTA XUSTA, banda afincada entre A Golada (Pontevedra) e Melide (A Coruña). Este carácter de raianos dentro dá propia Galiza nótase na sua música cunha proposta que raia ou rock co ska e co folk.

Galego

Frear o momento

“Frear o momento” é o quinto traballo discográfico de Ith. Os oito temas que o conforman beben da creatividade dos últimos dous anos. Fieis ao puro estilo da música rock, as composicións tratan temas ben diversos entre si, mais todos xiran arredor dun eixo común: a reflexión. 

Galego

Fai que non pare

SOLRAIN: É unha banda de Rock nacida en Galiza no ano 2018. Os seus membros proceden de bandas como: COSTAS, PÖLISONG E ECO, donde a fusión e estilo de cada un deles, queda plasmado no bo facer da banda, co resultado duns temas moi elaborados, cantados íntegramente en galego e castelán. = 15 de Decembro do 2021, lanzan o seu primeiro traballo discográfico ó mercado, co título de “Haz Que No Pare” totalmente autoproducido, e dispoñible en formato cd e en todas as plataformas dixitais.

A banda está formada por:

Juan Naya: Voz e Guitarra

Diego Díaz: Guitarra e Coros

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de música ao vivo