Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Chíos

Chíos son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo os cativos descobren o mundo a través dos sentidos, transforman obxectos, disfrutan coa música e as palabras.

Galego

Zugunruhe

ZUGUNRUHE son eses cambios que ó longo da nosa vida quedan na memoria sensorial, física, intelectual e vital.

ZUGUNRUHE é o novo síndrome da sociedade do século 21 na que o cambio e a memoria xogan papeis moi importantes. Eses cambios que ao longo da nosa vida quedan na memoria sensorial,  física, intelectual e vital.

Eses cambios que as novas tecnoloxías non poden recordar... ou si?

Este espectáculo pode sufrir modificacións. Confirmar data e hora nos espazos da Rede galega de teatros e auditorios onde se representa.

Galego

Sueños de arena

Premio FETEN 2015 pola súa orixinalidade, precisión e musicalidade.

Estamos afeitos ver a arte como algo que perdura no tempo, como unha obra que segue sendo viva logo da morte do artista. Pero o arte tamén pode ser efémero, pode ser arte por un instante, sen necesidade de converterse en perdurable.

Borja González, da compañía Ytuquepintas, presenta un espectáculo multidisciplinario que combina arte con area, circo, música en directo, marionetas de gran formato e pintura rápida.

Galego

PLAY. Historia de Mestre e Pupilo

Bandullo Azul regresa aos escenarios da man de Evaristo Calvo para presentarnos a historia de Maestro e de Pupilo.

Maestro, unha vella gloria dos escenarios, leva toda unha vida viaxando por todo o mundo co seu espectáculo, Play. Nesta ocasión recala en Galicia co seu teatrino, pero non vén só. Decidiu fai un tempo que hai de retirarse e por iso acolleu na súa escangallada caravana un aprendiz, Pupilo, para que sexa o seu sucesor.  

Galego

The Funamviolistas

Tres mulleres que dedicaron toda a súa vida á música e no momento máis álxido das súas carreiras ven truncados os seus soños e ilusións cando, por motivos inesperados, as tres reciben unha carta de despedimento. Ante a falta de novos proxectos comezan a súa nova andaina como músicos rueiros. Neste novo camiño atópanse e non só descobren que non están soas, senón que achan tamén o espírito de superación que une aos seres humanos ante a adversidade e o verdadeiro valor da amizade.

Galego

Foucellas

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco:Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

 

Galego

Pensamentos de Flor

Elenco:

Encarna García Castro

Ana Domínguez Chouza

Isabel Touceda López

Rebeca Oliveira García

Anuncia Sar Tubio

Hortensia Becerra Rodríguez

Pensamentos de Flor é unha obra pensada para reflexionar sobre o coidado dás persoas maiores. Trátase dunha crítica social sobre o abandono e esquecemento que moitas veces sofren pola propia familia.

Galego

O Mago de Oz

Elenco: Rocío Salgado, Martín Maez, Jonathan Caramés, Marcos Alonso, Fernanda Barrio e Merchy Lago

A Dorothy non lle gusta nada a improvisación. Vive nun mundo racional, onde o que se debe facer, é todo o que se pode facer. Pero un día normal, como calquera día normal da súa normal vida, un tornado levaráa a un mundo onde as súas regras non serven de nada, un mundo onde deberá emprender unha maravillosa viaxe se quere regresar á casa.

O Mago de Oz é un espectaculo musical, con bailes, cancións e un montón de sorpresas. Atreveste a descubrilo?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios