Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Identifíca-T

Identifica-te é un espectáculo interactivo que ten como obxectivo que o público consiga identificar comportamentos que promoven a violencia machista. Cunha estructura de concurso televisivo de caracter didáctico, a peza amosa como estes comportamentos aparecen en distintos contextos como a música, a publicidade, as redes sociais e as relacións persoais.

Este espectáculo forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

O poder de Amabel

​Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras ben peculiares.

Espectáculo dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Os vellos non deben de namorarse

Desde a súa estrea no teatro Mayo de Buenos Aires no 1941, data da que secumpren 75 anos no 2016, Os vellos foise afirmando como unha obra referencial da nosa cultura, tanto como peza literaria de obrigada lectura como texto de múltiples e variadas propostas escénicas. 

 

A  proposta de Fantoches Baj vén a cubrir o baleiro existente na actualidade de non dispor o público galego da posibilidade de ver unha montaxe escénica, axustada as intencións do autor de Os vellos non deben de namorarse.

 

Galego

Que é o que precisas?

Comedia de enredo, romántica, aderezada cun pouco de vinagre real, unhas pingas de tenrura, unha areas de clown, con salsa de humor, unhas gotiñas de sorrisos e todo misturado con moito amor.
Pódese tomar frio ou quente, moi nutritiva e dixestiva.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Xoga

Autores: Entremáns

Dirección: Ana Beatriz e Kirenia Martínez

Creación e Interpretación: Kirenia Celia Martínes e Beatriz Pérez 

Sinopse: Xoga é un xogo para descubrir como es e saber de que estás feito. Un encontro didáctico que combina diferentes elementos artísticos onde o espazo escénico, o audiovisual, a música e a danza sexan unión, pasatempo e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.

Galego

Código Postal 00

En tempos da omnipresente comunicación tecnólóxica, hai lugar para o código postal? Un espectáculo ao redor das cartas e dos paquetes onde se transforma a cotiá realidade nun espazo cheo de terrura. A través do teatro xestual, os monicreques e a música, o público chega á oficina de Código Postal 00. Unha oficina que non pertence a ningún lugar concreto. Alí tres carteiras desvelarán infinitas historias de amor. viaxes, desexos.... Unha experiencia máxica e única no mundo da comunicación. 

Galego

El plan B

A todos a vida ponnos retos, e a mellor maneira de afrontalos é o humor. Ese o O Plan B de Danny Boy-Rivera, unha maneira de saír indemne de situacións tan estresantes como ingresar nun hospital, pasar a ITV ao coche ou mesmo soportar esta terrible crise económica que parece non ter fin. Se cáeche nos brazos o ramo nunha voda, se acendes a tele de madrugada e sorpréndeche Cuarto Milenio cos seus psicofonías, se ás veces non sabes cando usar a escoba e cando a fregona... necesitas un Plan B!!! Ven a descubrilo

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios