Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

In memoriam

Un espectáculo de títeres en dúas dimensiones.

Sinopse: Adonamonos das imaxes das persoas que vivieron hai 100 anos, para darlles unha nova vida coas nosas mans e as nosas malpensantes cabezas. Fotos animadas, bailadas, vivindo esceas que nunca viviron, facendo cousas que nunca ousaran facer, ou tal vez si? 

Espectáculo que forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Pode sufrir modificacións, confirmar das e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Manawee

Un espectáculo sobre as emocións destinada ao público familiar.

Que é iso que sentimos e que as veces nos desborda, que incluso se apodera de nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade. Cando nos preguntaban de pequenas "pero que che pasa? " As veces non sabíamos que contestar, e incluso tardamos moito tempo en averigüar de que emoción se trataba. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en nós puidemos manexalas moito mellor e incluso facernos máis empáticas coas emocións dos demais.

Galego

Staying alive

Era cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco composto maioritariamente por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso tres mulleres: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés comparte a escena, asumindo tamén a dirección.
 
Baltasar Patiño é o deseñador da iluminación, responsable tamén da produción sonora en tempo real.
 

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Actuación dentro do programa da Rede galega de teatros e auditorios. Pode sufrir modificacións, confirmar datas e horas.

 

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna

Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderne é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe

Galego

A órbita do lucecú

Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.

Este espectáculo formarte daa programación da Rede galga de teatros e auditorios.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios