Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Sintonía máxica

Javier Muro constrúe un espectáculo de maxia con situacións surrealistas. A isto engádelle  improvisacións e  certas doses de actor e de humorista.

Todo isto conforma un espectáculo divertido,  con maxia e humor en estado puro..

Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

 

Galego

Control

 

'Su mente viajaba a lugares que no debía y fugaba de sí en un miedo incontrolable a la risa de otras personas. Cuando la libido se encuentra mal encauzada, encarna la temporalidad, puede llegar a ser violenta y generalmente invade, de neblina espesa, al entorno'.

 

 

| artes del movimiento | 

 

crea e baila:jm

luz:octavio más 

vestiario: manolo cremallera

espacio e son: jm

 

 

 

Galego

A filla de Woody Allen

O punto de partida de A filla de Woody Allen é o inicio dunha viaxe da protagonista na procura de seu pai, do cal só sabe que vive en Nova Iork e que lle manda un agasallo cada ano polo seu aniversario. Estes agasallos son tesouros para ela e constitúen un crebacabezas co que foi construíndo un mito que a acompaña no seu desenvolvemento vital. Atoparse con ese mito revélase como a vía para acadar a felicidade, pero tamén supón unha fuxida dunha vida cotiá insatisfactoria. Ela loita. É incansable. É vitalista. E pon todas as súas esperanzas nese ser descoñecido.

Galego

Eroski Paraíso

Eroski Paraíso é a historia dunha parella que se coñece a finais dos 80 na sala de festas Paraíso de Muros. Logo o Paraíso pechou, eles casaron e formaron unha familia. Agora os dous traballan nun supermercado dunha gran cadea de alimentación que abriron xusto no mesmo local que ocupara a discoteca. A historia que separa aquela sala de festas deste supermercado cóntase desde a ollada do seu fillo/a que, mirando aos seus pais a través do obxectivo dunha cámara, trata de reconstruír a vida que nunca chegaron a ter.

Galego

Nana para un soldado

Relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto; o nacemento dun neno.

Ghazafelhos parte de algo tan forte como é unha guerra e a morte, e por outro lado, un nacemento e a vida,  para facer unha reflexión sobre  o absurdo das guerras e o necesario que é entenderse, escoitarse e respetarse.

"A guerra non é un lugar. A  guerra non  chega ou se vai... pero esta aí... habita nos corazóns  atrincheirados e nas mentes con metralla...”

Galego

Frankestein

Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas?  Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran.

A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nun castelo onde nada é o que parece.

Espectáculo infantil de Teatro dos Ghazafelhos para a Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sin límites para medrar sen  "medidas".

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora creamos un contacontos dramatizado donde o público ten a última palabra

Galego

Identifíca-T

Identifica-te é un espectáculo interactivo que ten como obxectivo que o público consiga identificar comportamentos que promoven a violencia machista. Cunha estructura de concurso televisivo de caracter didáctico, a peza amosa como estes comportamentos aparecen en distintos contextos como a música, a publicidade, as redes sociais e as relacións persoais.

Este espectáculo forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios