C´est la vie
-
C’est la vie é vida condensada.
Era cuestión de tempo que Matarile Teatro reunise un elenco composto maioritariamente por intérpretes que proceden do mundo da danza. Neste caso tres mulleres: Mónica García, Rut Balbís e Nuria Sotelo, bailarinas/actrices coas que Ana Vallés comparte a escena, asumindo tamén a dirección.
Baltasar Patiño é o deseñador da iluminación, responsable tamén da produción sonora en tempo real.
Elenco: Ana Vallés, Baltasar Patiño, Enrique Gavilán, María Roja, Mónica García, Óscar Codesido.
Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai.
Actuación dentro do programa da Rede galega de teatros e auditorios. Pode sufrir modificacións, confirmar datas e horas.
Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo… pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.
Esta progamación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.
Espectáculo de maxia e humor que recolle os mellores xogos e pantomimas de 30 años do mago e humorista Luis Boyano.
Manuel de Paderna é un home que posúe o enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos ríos, variar a situación dos mares, abrollar as fontes ou curar as persoas. Hai quen di que mesmo os paxaros suspendían os seus voos e ficaban inmóbiles no aire para aprenderen o seu canto e melodía... Manuel de Paderne é algo poeta, tamén traballa de barbeiro e de alguacil municipal. A partir dos textos de Manuel María construímos unha viaxe divertida e curiosa a través de varias historias que lle acontecen a este máxico personaxe
Tres compañeiros de piso orbitan compartindo espazo e soidade. A enerxía que conteñen no seu interior marcará os seus destinos. As cousas máis simples, as veces son as máis difíciles de conseguir, os nosos esforzos pérdense na noite como o refulxir dun lucecú que titila até esmorecer, cando non acada a resposta buscada. A órbita do lucecú explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, Nikola Tesla e os lucecús.
Este espectáculo formarte daa programación da Rede galga de teatros e auditorios.
Dirección: Julio César Iglesias Ungo
Asistencia de dirección: Caterina Varela
Bailaríns: Anuschka von Oppen, Alexis Fernández, Jake Ingram-Dodd, Tanja Marin Friðj0nsd0ttir, Janis Heldmann e Dymitry Szypura
Invisible Wires é unha unha peza de danza para 6 bailaríns firmada polo coreógrafo de orixe cubano Julio César Iglesias Ungo e producida pola compañía galega LaMacana, compañía dirixida polos creadores Caterina Varela e Alexis Fernández.
Pa cama é unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que lles distrae do sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar diversión no máis sinxelo, en todo o que lles rodea, no marco dun ambiente tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.