Panamericana
Miranda Celia do Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada finaliza na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.
Comedia musical que forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.