Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Jim e a illa do tesouro

O temible pirata John Silver busca sen éxito o tesouro do lexendario capitán Flint. Billy Bones traicionouno dándolle un mapa falso. Manda un dos seus homes (Pew) buscar a Bones para lle dar morte e recuperar o verdadeiro mapa. Bones refuxiouse nunha fonda rexentada por Tom Hawkins e o seu fillo Jim.

Pew dá co paradoiro de Bones, e no seu intento por matalo para recuperar o mapa mata tamén por accidente o pai de Jim. A Jim só o asiste o doctor Livesey. Inesperadamente, Jim atopa o mapa do tesouro que escondía Billy Bones e él mailo doutor deciden ir buscar o tesouro.

Galego

ImPRoCadaBra

Tres bruxas viaxeiras, un caldeiro máxico e marabillosas historias que aparecerán por arte de maxia diante dos nosos ollos. 

A bruxas Pata de Cabra son especialistas en contar as mellores historias, sempre coa axuda dos seus pequenos aprendices.

Galego

A Fuga

Obra de teatro infantil escrita e dirixida por Carmen Blanco e interpretada pola propia autora xunto a Tania Villamarín e Mateo González.
Obra orixinal editada en Ediciones Embora e premiada pola Asociación Cultural O Facho.

Galego

A Frauta Máxica no Maxín

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart para crear unha obra a modo de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera e introducen un personaxe real que recorda a un Mozart actual que, ó mesmo tempo que é o narrador da historia representada cos monicreques, achega ao espectador ó proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música ...

Galego

Pachamama

Chegou o momento da comunión entre a natureza co home e os deuses protectores. Espectáculo onde se fusiona a música, a danza, o lume...

 

Galego

Vendima tarda

Presentación do seu novo traballo discográfico “Vendima tarda”
Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.
Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Galego

Chove!

O abrigo dos paraugas, brincar nas pozas... que divertida é a choiva! Este espectáculo pensado para a primeira infancia xira ao redor da chuvia e axuda a descubrir aos máis pequenos e pequenas todas as cousas fermosas que son causa dela: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes etc.

A través de xogos, bailes e enredos ensínaselle a este público tan novo a cantidade de cousas trae a choiva, antes e despois de que veña ou marche.

Galego

4 Tempos

Actriz .................... Iría Acevedo
Manipulación........ Guillerme Cancelo
 
Espectáculo musical de 30 minutos  para bebés de 6 meses a 4 anos. A actividade consta de dúas representacións consecutivas.
 
SINOPSE: Poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos e pequenas, a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións que se producen no inverno, outono, primavera e verán.
 

 

 

 

Galego

Rebento se non o conto

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Serxio :“hai máis galegos fóra que dentro”.

Falou Pazos e falou ben.

Espectáculo humorístico da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios