Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A Gramola Gominola en concerto

Músicos: Paco Cerdeira (guitarra), Anxelo de Xermar (baixo), Paula Romero (voz) e Rodrigo Muñoz (batería)

A Gramola Gominola é un grupo de música rock para o público familiar, que presenta o novo libro/CD editado por Galaxia, na súa colección Sonárbore a partir de abril do 2017.

No novo disco o grupo segue apostando polo rock e posiciónase como o grupo de rock en galego para público infantil e familiar. Grandes temas que, a partir de agora, poderedes escoitar nas voces dos vosos fillos, como xa fieran cona "A fábrica de Carmela", "Pita récords" e moitos máis.

Galego

Pendanca e oso, un espectáculo de Aldaolado sobre o amor

Das aventuras ou desventuras amorosas de cada un e de cada unha, xorden paixóns desenfreadas, anos de martirio, cotas altas de felicidade, ansiedades varias, gozos e sombras. Dese caldo de cultivo xorden tamén os poemas que aldaolado recitan no seu novo espectáculo, poñéndolle moita música e moito humor ó amor máis romántico e ó amor máis miserable.

Dúas poetas no escenario co corazón aberto en canal e escarallándose. Iso é Pendanga e oso, unha fábula que conta e canta o peor e o mellor do currículo amoroso da humanidade.

Galego

Laia, aprendiz de maga

Unha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo se pode conseguir aquilo que realmente desexamos. A obra trata das relacións entre avos e netos, dende a visión da protagonista, Laia, unha nena de 7 anos. Un espectáculo que mestura teatro musical, maxia cómica, animación musical e a constante participación do público.

Esta programación pode sufrir modificacións, consultar datas e horarios nos lugares de representación.

Galego

Toma 612 en concerto

Formada por Jhonny (voz), Ramón (guitarra), Dimas (batería) e Mario (baixo), a Toma 612 Band ofrece a presentación do seu primeiro disco, "Toma 612", no que nos mostran as cancións deste primeiro LP, cunhas letras moi persoais, compostas polo guitarrista, Ramón Vigo.

Galego

Chapeu

Chapeu é un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca fai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxia na creación musical e arranxos varios. Letras de Tatán e colaboracións letrísicas de Uxia e Magin Blanco nas cancións Chapeu e Veludo e algodón, e Carlos Blanco en Mútua de decesos.

Chapeu é unha dúcia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñece Tatán Cunha; carregado de amizades que me invitan a cantar e a quen admira e con quen creou este proxecto. Xente da música, xente do teatro..xente dos títeres..

Galego

Ensaio sobre a cegueira

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Galego

Memorias dun ser humano disperso (versión 7.0)

Autor: Diego Freire

Dirección:José Campanari

Compañía Produccións Dispersas

Memorias dun ser humano disperso,  de Diego Freire, é un espectáculo cómico-musical, un cabaré absurdo protagonizado por unha personaxe desubicada, disfuncional e un pouco esquizofrénica, que devecece por escapar dun mundo que non comprende e no que non é comprendido a un lugar moi lonxano no que todo será diferente. Existirá tal paraíso?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios