Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Mermelhada

No país das fadas, onde todo é fermoso, marabilloso e fabuloso, vive unha pequena fada chamada Mermelhada. Mermelhada é un fada moi bondadosa e voa por alí e por alá buscando a ocasión de facer unha boa acción. Pero cada vez que quere facer o ben lle sae mal... Desencantada coa súa condición de fada, pide a unha anciá bruxa que lle ensine algúns segredos de sabedoría ancestral. Aínda que unha milenaria rivalidade enfronta fadas e bruxas, a anciá acepta. Aos poucos vai creándose un vínculo moi especial entre mestra e alumna.

Galego

Eu, Fraude!

"Eu, Fraude" é o lugar de encontro entre a poesía, a canción e o escénico que nos impulsa, en forma de viaxe emocional e con visión positiva e esperanzadora, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demáis.

É, claramente, unha historia de amor propio.

Cancións, poemas e textos de composición orixinal conforman un espectáculo co que presentarse con frescura e singularidade dentro do sistema teatral galego.

Galego

Latas

Un equilibrio entre o animal e o humano, unha danza entre o inútil e o belo. Tres personaxes constrúen e destrúen o presente sen máis obxectivo que desafiar ao aburrimento. Coñécense tanto que non necesitan falar. Habitan un mundo no que pasou algo, pero non sabemos o que. Buscan dentro de latas un pouco diso, que ao compartirse multiplícase. Unha invitación para xogar indiferentes a calquera pensamento. Un momento de felicidade compartida, cun pé neste mundo, e outro nunha terra sen tempo.

Galego

Los perros

Intépretes: Jon López e Martxel Rodriguez.

Cando o tempo deixa de ser pasado e deixa de ser futuro. Cando o presente cáesenos encima. E vivimos o presente coa intensidade dunha chama que nos arde dentro, como dous seres que se aman e que arden no aquelarre da noite.

Dous seres que bailan para sobrevivir a este tempo convulso e cambiante. Unha chama que arde baixo os nosos pés, nun chan que se abre e péchase, como un gran animal que respira fondo, un animal que desexa ladrar, que desexa gritar, que desexa correr.

Galego

Donas

Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente. Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.

É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino.

Galego

El cuento de Persépolis

A nosa historia comeza cando dúas nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura xeraralles preguntas sobre a situación das mulleres na historia. A partir de aquí ambas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as levará a atoparse nun punto en común. Con "O conto de Persépolis" rendemos homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias han cuestionado desde as marxes o status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos.

Galego

El busclown

Espectáculo que recrea El Buscón de Francisco de Quevedo, obra na que se narran as aventuras e desventuras deste personaxe chamado Pablos e as súas viaxes por España en busca do ascenso na escala social e fortuna, mostrado como triunfador nalgunhas ocasións, pero sempre perdedor. 

Na nosa proposta achegamos os códigos e o traballo escénico que nos caracteriza; teatro gestual, circo, clown, comedia da arte e música en directo. 

Galego

Contos na lareira

"Contos na lareira"

Galicia é terra de tradicións...Tradicións como a matanza do porco, o magosto, a queimada...

Moitas destas tradicións teñen como nexo común a tradición oral.

Dende os tempos máis remotos os pobos utilizaban a palabra para transmitir a súa historia, as súas tradicións, os seus mitos, contos e lendas.

Galicia, como terra posuidora dunha idiosincrasia diferenciada, ten a tradición oral como un dos alicerces que compoñen o edifício da súa historia.

Galego

Protocolo del Quebranto

Crezk, de orixe e bandeira descoñecida, persegue os territorios nos que sucede a guerra. Porta un armatoste itinerante ao que chama Osel, onde vive e esconde pólvora e pequena munición coa que trapichea, sen importarlle quen é amigo e quen inimigo; na súa visión operativa do mundo todos son clientes. Vive atrincheirada con el Nadia, unha muller estraña, case monstruosa. A súa relación roza calquera síndrome coñecida; son o seu cárcere e a súa fuxida. Necesítanse e repélense, como animais bicéfalos.

Galego

A trompa non só é cousa de elefantes

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios