Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

De algo hai que morrer

Conferencia fúnebre-cómico-teatral.

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan,  dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Galego

Contos Arraianos

Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de marxe e de fronteira, construído cunha lingua, así mesmo, límite e nos lindes da realidade e da fantasía. É difícil non sentirse arrastrado pola tremenda capacidade fabuladora de Ferrín.

Galego

Concerto lírico "O sole mio" - Napolitanas

O encanto das cancions napolitanas e o son orixinal dos instrumentos como o piano e a mandolina sumerxirán ó público no romántico e expresivo mundo das canciones populares italianas. 
Canciones repletas de amor, mar e sol que crean unha atmósfera que o embriagará nun cautivador concerto, xunto coas melodías inmortalizadas por o famoso Enrico Caruso.

FORMACIÓN: Soprano, Tenor, Mandolina y Piano

Galego

Coleccionistas - A arte feita comedia

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Galego

Cirqueiras

Espectáculo con diferentes números de danza, música e humor. Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres. Un elenco de artistas que ademais do seu bo facer transmiten unha potente mensaxe de empodaremento e sororidade. 

Galego

Cantando Bajo la Magia

Luigi Ludus e especialista en maxia infantil. As súass propostas son orixinales e caracterízanse por facer xogos de maxia á vez que canta. “Cantando bajo la magia” é unha recopilación dos seus números máis populares e divertidos. Luigi é campeón nacional de maxia na categoría de maxia infantil e a súa maxia pasou pola maioría de festivais de maxia de toda España.

Galego

Cantacontos

En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

Galego

Backstage

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Nada máis chegar, comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso... e todo porque o rexedor do espectáculo é todo un... pallaso.

Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.

Galego

As fillas bravas de Momán

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios