Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Petit Cabaré

Petit cabaré é un espectáculo realizado por tres artistas da compañía Pista Catro que ofrecen ao espectador pequenos fragmentos showcase que permiten ao programador elexir entre a ampla variedade de artistas de Pistacatro.

 

Galego

Os fabulosos Cleaners

Sinopse: Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Galego

O secuestro da bibliotecaria

Sinopse: O Consello Municipal está reunido para determiñar se o pago do rescate da bibliotecaria municipal debería figurar como gasto de persoal ou  como un gasto do fondo de Cultura... Un brote de varicela entre a banda de secuestradores complica ainda máis as cousas: poucas persoas quedan ben con granos na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. O inxenio   e o corazón da bibliotecaria raptada fará virar os acontecementos e traerá novidades importantes para a Biblioteca Municipal e para as vidas dos terribles secuestradores.

 

Galego

O premio

Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en “O Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.

O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.

Tres finais posibles en función do desexo do público.

Galego

Memorias dun neno labrego

En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propia ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: O 50 aniversario da 1ª edición das Memorias dun neno labrego 

Galego

Lo Mejor de la Zarzuela

É un programa de concerto especialmente pensado para lograr o maior éxito, xa que se seleccionan algúns dos fragmentos máis famosos da historia da zarzuela.

Obras tan recoñecidas como Luisa Fernanda, A Tabernera do Porto, Mariña, O Barberillo de Lavapies, A Revoltosa, A do Feixe de Rosas, O Gato Montés, etc., preséntanse interpretadas de forma maxistral por cantantes de primeira fila internacional.

Galego

Magín Blanco e a Banda das Apertas

A Banda das Apertas, composta por Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal e Jerry Noia teñen un longo percorrido acompañando a A nena e o grilo nas súas propostas escénicas, e chegou o momento de voar sos.

Nesta nova produción as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporáneas, e que permitirán gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e sobre todo disfrutando con esta Banda das Apertas.

Galego

Love is in the air

É o novo espectáculo do cómico e actor David Amor, no que o pontevedrés coas mans máis grandes, nos fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns , os aeroportos.

Por suposto non podía faltar a música, onde David da un paso máis…. Ou un paso menos, según se mire. ¿Ou pensábades que participar en “Tu cara me suena” iba a quedar ahí?

Trátase de un espectáculo que nace do amor e da necesidade.

Galego

La soledad de Wally

La soledad de Wally é unha produción de danza urbana, que consta de catro pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas desce diferentes puntos de vista.

O sorriso dunha extraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bós días, unha aperta.

Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan dificíl admitir que nos sentimos sós?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios