Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Tanxugueiras en concerto

O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.

A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias. 

Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.

Galego

SÓS

SÓS é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

 SÓS conta a historia de Fermín e Marcelino,  dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.

Galego

Shukran

Despois de máis de 20 anos realizando actuacións por diferentes escenarios e prazas, chegou o momento de agradecer a enorme felicidade que sentimos cada vez que actuamos. A nosa mellor tarxeta de presentación son os centos de clientes satisfeitos, as miles de actuacións realizadas, o boca a boca e a profesionalidade que caracteriza á nosa compañía. Paixón, dedicación, proximidade e por suposto, un traballo por tentar ser sempre un pouco mellor son os alicerces nos que nos baseamos desde que comezou a nosa aventura no marabilloso mundo do espectáculo.

Galego

Shakespeare en Berlín

Berlín 1933. Esta é a historia de tres amigos. Martin e Elsa, -unha parella de recentemente casados vinculados ao mundo do cinema alemán da época-, e Leo, un actor de teatro de ascendencia xudía. Os tres comparten a vida alegre dos anos 30. O cinema dos estudos UFA, o teatro e os cabarets berlineses? pero todo iso verase truncado pola ascensión do nazismo ao poder.

Galego

Senior

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Galego

Rara Avis

Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase
unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen
dun halo digamos que “diferente”.
É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do
humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse
un futuro esperanzador.
Ela, coma ninguén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo.

Galego

Quen dixo medo?

QUÉN DIXO MEDO?

O medo é libre.

Quen ten cú ten medo.

A mil cousas, á escuridade, á morte, a quedarse en branco nun escenario...

Blanco e Digón xogan, literalmente, arriscan, brincan co público, avisan... Parte deste show será improvisado, o propio espectador, libremente, decide a temática a tratar.

Tan só unha parte, eh?

Galego

Rebento se non o conto

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Serxio :“hai máis galegos fóra que dentro”.

Falou Pazos e falou ben.

 

 

 

Galego

Pinocchio

Adaptación libre da obra de por Pepablo Patinho
Teatro Ghazafelhos xunto con Paty Lesta e Cristian Leggiero deciden contarnos a historia de Pinocchio. Este títere universal que nos enche de risa e emoción e agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.
Cunha posta en escena que combina os títeres, teatro actoral e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Elenco: Cristian Leggiero, Paty Lesta, Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios