Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Eu cociño, ti cociñas?

Timoteo cambiou o seu kiosco por un restaurante que se chama COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos
e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes
moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor... digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de
piratas...Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK?
“Eu cociño, ti cociñas?” é a nova montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-treatral que

Galego

Onde está o vento?

A Tareixa o que máis lle gusta no mundo é ver xirar os seus muíños de vento, pero un día o vento desaparece. Para resolver o misterio e conseguir que os seus muíños volvan a xirar decide emprender unha longa viaxe, en compañía do seu curmá Breixo, onde coñecerá e axudará a moitos personaxes vivindo miles de aventuras. Finalmente descobren que a contaminación é a culpable da desaparición do noso querido vento, pero que aínda estamos a tempo de solucionalo.

Contacontos para bebés que mestura cancións cantadas en directo, monicreques, pompas de xabón e un montón de sorpresas máis. 

Galego

Rojo estándar

Elenco: Dario Dumont e Greta García

Dous seres opostos atópanse nunha escena bañada polo  subrrealismo, onde as cores marcan o seu ritmo e no que o amor guiado polo circo e a danza, marcan todo o espectáculo.
É unha obra circular, exposta para que o espectador se sitúe a 360º, como o amor e a vida que nos fan virar.

Premio FETÉN 2018 ao mellor espectáculo de rúa.

Galego

Directo 9

É a nova proposta de Pisando Ovos dirixida cara as novas linguaxes escénicas, en clave de creación contemporánea, na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade actual, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

Galego

Somos criminais

Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, Carlos Blanco e Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais

Galego

Martiña Soñadora

Martiña soñadora son Sabela King á voz e  ó ukelele e Carlos Gil Fandiño ó piano e voz.É unha formación recente que naceu para o desfrutede nenos e nenas dunha música composta especialmente para el@s. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e disfrutarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock&roll e mesmo do blues, todo amenizado de fermosas letras en galego e incluso en francés.

Galego

A nena e o grilo máis aló

Teatro Ghazafehos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.

Magín - guitarra e voz

Cristian Legiero - teclado

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e o grilo e máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Que pasa logo da morte?

 

 

Galego

Os límites do frío

O teatro pode ser un refuxio, unha loucura de persoas crentes na ilusión.

Ás veces a poesía resiste cando menos o esperas.

Vivir na rúa pode ter múltiples caras, pero nunca a de renderse.

O fracaso e o éxito igual non se levan ben, o que si fan é convivir eternamente.

Galego

Cáscaras vacías

É unha rede de historias tecidas con testemuños da Operación T4, nome en código que os nazis deron ao seu programa de eutanasia destinado a eliminar a persoas con algunha discapacidade, a quen consideraban “vidas indignas de ser vividas”, “cascas baleiras”, e cuxas primeiras vítimas foron nenos. O castelo de  Hartheim foi un dos lugares onde esta operación levou a cabo.

Seis persoas que serían asasinadas no castelo de  Hartheim fálannos das súas vidas nel.

Galego

STRPTS: Fin de tempada

STRPTS: Fin de tempada é un espectáculo de cine ao vivo, ou tamén teatro multimedia, ou tamén teatro transmedia que combina diferentes técnicas teatrais como obxectos, monicreques, sombras e actores coa creación, manipulación e proxección en vivo de imaxe e son.

Un home e unha muller foxen perseguidos por unha mentira, mais non poden fuxir eternamente. Chegou a hora de afrontar o engano, a manipulación. Agora ben, con que armas? Coa verdade, con outra mentira. Serán quen de manterse no mesmo bando?

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios