Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os inocentes

Os inocentes nace da operación de pulido e compulsa co público, ata lograr a forma definitiva do relato escénico, a técnica que leva anos traballando Quico Cadaval. Con Os inocentes logra un espectáculo de sorprendente coherencia, coa aparición dun retablo da inocencia.

Galego

Señora que pasea polas rúas con dous cans preciosos

Sinopse: Este espectáculo é un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora, mestra, loitadora, artista, defensora da lingua, pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega. Muller que sempre viaxou a contracorrente. Mestra apaixonada polo ensino, namorada da boa literatura, e de escoitar e de falar cos cachorros dos humanos, como lle gustaba chamar ao seu alumnado. María Victoria foi unha gran sementadora de futuro, que explorou habitualmente camiños diferentes na procura de mundos mellores para as persoas que viñamos detrás.

Galego

Lo nunca visto

A un mes do peche por débedas do seu estudo, unha decrépita profesora de danza e teatro para nenas decide que é o momento do "agora ou nunca", de realizar un espectáculo que revolucione a arte contemporánea: Lo nunca visto

Sen talento, sen diñeiro e xa sen alumnas nas súas clases, lánzase a recrutar a “artistas comprometidos” para a súa causa. 

Só acudirán á súa chamada dúas das súas exalumnas: unha yonki galega e un ama de casa que acaba de fuxir. 

Galego

Invisibles

Un lugar indeterminado. Tres mulleres. Sete testemuños reais. Setenta minutos. Un millón de razóns para falar do maltrato. Non máis invisibles. Invisibles é un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Monste Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática.

Galego

Contos do recreo

Elenco: Sheyla Fariña, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio

Continuando a temática de acoso escolar iniciada con A nena que quería navegar, a compañía presenta esta historia inspirada libremente en Conto de Nadal, de Charles Dickens. Nesta ocasión a protagonista é Alicia, unha rapaza que goza facéndolle a vida imposible as súas compañeiras, e que se verá inmersa nunha aventura que a cambiará para sempre. 

Galego

Procedimientos ante el vacio

Procedimientos ante el vacío persegue a idea do irrepetible, do que acontece cada día na medida en que cada espazo e cada atención cambian o suceso. Persegue, en poucas palabras, substituír o intencional polo atencional. Un traballo interdisciplinar, xestado a partires da residencia de investigación e colaboración artística entre a compañía e a bailarina Mónica Valenciano (Premio Nacional de Danza 2012 na modalidade de Coreografía, outorgado polo Instituto Nacional das Artes e a Música. INAEM). 

Espectáculo seleccionado na modalidade de Danza no Programa Platea 2018.

Galego

Da avaricia, a luxuria e a morte

En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade.

Galego

Fillos do sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e consumido pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a criada nova da pensión na que está albergado.

Galego

Auga que non vas beber

Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada.

Galego

Tras Tannhäuser

Tannhäuser foi un poeta alemán. Tannhäuser é unha ópera de Wagner. Tannhäuser será sempre a porta espacial que Rutger Hauer describía na fermosa escena final de Blade Runner.

Agora Tannhäuser convértese nun salón barroco onde tres mulleres comparten mesa e mantel. Unha cea de amigas aparentemente común que deriva nunha tempestade de tolería que pon patas arriba os seus apracibles mundos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios