Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

As vacacións máis longas

Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha loga viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse ata desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.

Galego

Commedia

Elenco: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino González e César Goldi

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia, un juguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego con máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisítase aquela experiencia. 

Galego

Borja Quiza

Alma, corazón e vida son tres ingredientes esenciales para cantar ao amor. A alma como a sustancia sensitiva e intelectual, o corazón como o motor principal dos nosos sentimentos e a vida como a unión entre alma e corpo que permite dar forma física a toda a nosa creatividade emocional.

Estes tres elementos inspiraron Borja Quiza para crear esta selección de cancións de amor e desamor coñecidas por todos, pero versionándoas para adaptalas ao seu fantástico instrumento e a súa profunda interpretación musical.

Galego

Keltia, o musical

É un espectáculo musical, didáctico, dinámico, creativo, diferente, e interactivo co público, cunha temática adaptada, personalizada pensada e elaborada conxuntamente cos responsables do evento e lugar ao que se acude.

O fin deste espectáculo é potenciar ocio e cultura a través da calidade escénica, a poesía artística, a música tradicional fusionada con outras ramas musicais e demáis recursos expresionistas que contribúen ao desenvolvemento da cultura atlántica e en xeral á potenciación da arte en múltiples facetas.

Galego

Animais de compañía

Animais de compañía é un espectáculo para público familiar e escolar desde 6 anos. Unha comedia musical en forma de fábula que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos.

Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova, son as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e liortas, ensinar a nenas e nenos a importancia do respecto ás diferenzas: de raza, de cor, de relixión, de xénero etc.

Galego

Nono

"Nono", un inocente clown que fará viaxar ao público polo seu mundo de fantasía, un mundo no que tentará mostrar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina, aínda que ao final, sempre se acaban resolvendo con moito humor.  Podendo gozar de incríbles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito máis.
Todo isto, nunha combinación de mimo, malabares, manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras.

 

 

Galego

Radio Bulebule

Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Radio Bulebule defínese como a radio itinerante, radio ambulante, radio cantante, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela, din, soa o universo todo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.

Galego

Top Manta

Elenco: Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso.

Top Manta -a lista dos moi listos, o hit-parade dos máis vendidos-, cóntanos en clave de comedia, unha serie de historias de actualidade, cercanas e sorprendentes.

Top Manta, un espectáculo para rir, rir e rir, por non chorar, chorar, chorar... de risa, claro!!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios