Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Verbena galega

Un grupo de música tradicional, un grupo de pachanga e a posibilidade dun picadiscos.

A Verbena galega conta cun escenario móbil só para exterior, así como equipo de son e iluminación profesional.

 

Galego

Vida de cans

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo e Artur Trillo

Tres cans. Tres actores, tres cans, ou tres acotres que fan de can sen deixar de ser actores, sen deixar de ser cans.

Galego

Bathtime

Elenco artístico: Kevin Stewart e Estibaliz Veiga

Unha interpretación chaplinesca cun toque dos anos 20.

Mancharse con chocolate pode ser divertido e a hora do baño selo aínda máis.

Dous amigos, chocolate, unha bañeira y musica orixinal, son os ingredentes desta posta en escea.

Galego

Cousas de nenos

Cousas de nenos é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión.

Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada é imposible.

Galego

Adeshoras

Elenco artístico: Nuria Sanz e Chiqui Pereira

Nalgún lugar, lonxe de todo, ao caer a noite, unha muller le un libro que parece conter as historias do mundo enteiro. A música acompáñaa na soidade. Soan badaladas. Anuncian un baile?
Un lobo ouvea. Está a porta pechada con chave? Leva tantos anos ás costas, esa muller, que xa non lembra quen é. Precisamente por iso pode xogar a ser quen ela queira.

Galego

Chola, a it girl

Elenco: Laura Villaverde

Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ao máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexias para poder descubrir quen somos, que nos gusta, que nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos.

Galego

La magia del mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa afástase da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común: humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.

Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Este espectáculo realízase en formato Gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional.

Galego

Cousas de nenos

Cousas de nenos é un espectáculo indicado para toda a familia. Tanto nenos como non tan nenos desfrutarán deste espectáculo cheo de colorido e ilusión.

Cunha mezcla de maxia e sombras chinescas Ian e Elisa farán que os nenos se sumerxan nun mundo imaxinario onde nada en imposible.

Galego

Con area. Cousasdebuxo

Con area. Cousasdebuxo é un espectáculo visual que fusiona varias técnicas (sombras chinesas, cómic, animación,..) para contarnos tre historias a través das imaxes que Marcos Escudero debuxa con area sobre o cristal dunha caixa de luz. Esta técnica de debuxo con area tamén é coñecida co nome de Sand Painting.

Galego

Alicia no país das marabillas

Fantástica recreación para marionetas baseada no relato de Lewis Carrol “Alice in Wonderland”.

Conducidos polo Coello Branco, seguiremos con expectación as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e  fantástico que late debaixo da terra.

Alí merendaremos coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Loco e o Leirón. Xogaremos ao cricket coa Raíña de Corazóns e coidado Alicia! estás a medrar de novo e caeremos todos polo chan!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios