Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

La zanja

Autoria, dirección e elenco: Diego Lorca e Pako Merino

Miquel, técnico dunha multinacional mineira, chega a unha explotación da compañía en  Sudamérica. Alfredo (o alcalde) e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. Prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. As ambicións, oportunidades e consecuencias da implantación da mina marcan o futuro do pobo e as súas relacións entre veciños.

Galego

O libro da selva

Dirección Jorge Rey

Elenco: Jorge Rey e Carmen Domech

Sinopse: Na espesura da selva, o malvado tigre Sherekan, ataca a aldea dos homes. Mowgil un rapaciño escorregadizo escapa das poutas do tigre e busca refuxio na cova dos lobos, que pasarán a se converter na súa nova família, coa que vivirá divertidas experiencias até que se teña que enfrontar, cara a cara, con Sherekan

Galego

O agasallo de Anya

Sinopse: Anya e Xiana son dúas nenas que viven separadas por catro mil kilómetros, e unidas por todo o demáis: sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade.

Neste espectáculo, as dúas protagonistas descubrirannos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Unha obra baseada no conto orixinal de Sabela Núñez Singala que representamos con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

Galego

House desaforado

Autor: Daniel Maclvor

Dirección: Kevin Orr

House desaforado,  é unha comedia, un monólogo creado polo multipremiado dramaturgo canadense Daniel Maclvor, traducido ao galego pola escritora María Reimóndez  e dirixido neste caso tamén polo director tamén canadense  Kevin Orr, convidado expresamente pola compañía.

Galego

Emilia

Dirección: Ana R. Costa

Actriz: Pilar Gómez

Emilia é a primeira parte da trilogía Mujeres que se atreven, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que lles corresponde, así como dalas a coñecer ao gran público.

Galego

Píscore

Félix Rodríguez, Pepe Varela, Diego Roseira e Pablo Cabanelas. Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar da maneira máis orixinal e asombrosa. Organizarse xa non vai ser tan fácil.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia gestual.

Galego

Aguratrat!

Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé  Leis

Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.

Aguratrat! é unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.

Esta é a segunda montaxe para público familiar da compañía Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.

Galego

Plastic

Desde a antítese ou retórica, PLASTIC plantexa unha recuperación da memoria corporal desde dentro cara fóra. Cómo emanan substancias desde o noso interior e as podemos trasladar a un código plástico - estético e conservalo

Partindo do corpo como contenedor, como si dunha barbie se tratara, ese plástico como contenedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o vaciado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios