Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Garufa Blue Devils Big Band

Formada por 17 músicos instrumentais e 2 cantantes solistas, a Big Band revive o espírito das bandas das décadas dos 30 e 40 do século XX para o Festival de Jazz de Lugo.

A Garufa Blue Devils Big Band nace a finais do 2014 ao abrigo do Garufa Club, onde a banda ten a súa sede e onde ofrece concertos de forma periódica.

Pódense mercar na Internet e na caseta do festival (fronte ao Círculo das Artes). Hai tamén abono para todos os concertos por 50 euros. 

Galego

NY Gypsy All Stars

Exemplificando o crisol creativo cosmopolita de Nova York, cinco músicos de alto nivel provenientes de Grecia, Macedonia, Turquía e Brooklyn únense para ampliar enerxeticamente o sons do Mediterráneo Oriental, dos Balcáns, da India e dos sabores latinos. Todo fusionado cun potente jazz, e o funk como columna vertebral.

Aventureiros musicais totalmente cualificados, música xitana, Mar Negro e Bronx con impresionante virtuosismo, a empatía intuitiva e enerxía contaxiosa.

Galego

Lloyd Cole

Vigo volve ser escenario en 2016 deste novo Sinsal Outono. Catro propostas que en 2016 teñen un sabor predominantemente británico.

Un peso pesado da música do Reino Unido como é Lloyd Cole, será o encargado de abrir o festival nun concerto en solitario no que percorrerá os seus grandes éxitos. 

Máis información, aquí.

Galego

Ernesto Aurignac Jazz Trío

Ernesto Aurignac posúe un talento e un dominio exquisito da tradición adherida á esencia parkeriana, combinados cunha vitalidade renovada e enerxética que non deixa indiferente.

O jazz parece non conter segredos para este polivalente prodixio do saxo que pechará a 12 edición de Música no Claustro, cun adianto do seu novo traballo discográfico xunto a Pedro Campos ao contrabaixo e Santi Colomer á batería.

Galego

Fukio Ensemble

Fukio Ensemble actúa hoxe no Auditorio da Cidade da Cultura dentro do programa do Encontro Galego de Saxofón celebra este ano a súa duodécima edición co apoio da Secretaría Xeral de Cultura. 

Galego

Pablo Sanmamed Trío

Concerto de jazz que mestura composicións propias con versións de temas de importantes e coñecidos do jazz.

Espectáculo musical dentro da Rede galega de música ao vivo.

 

Formación:

Yago Mouriño: piano

Pablo Sanmamed: contrabaixo 

Bruno Couceiro: batería

Galego

Manuel Gutiérrez Trio

Este proxecto é unha proposta fundamentalmente jazzística, aínda que aberta á interacción con outras estéticas. O son do grupo está baseado en composicións orixinais, e na procura dun espazo sonoro común no que poidan convivir as propostas musicais dos seus compoñentes. A idea é partir da liberdade individual para conseguir un son conxunto, ou sexa, que cada un achegue as súas ideas e a súa personalidade, poñéndoas ao servizo da causa común, cunha visión extensa do feito musical libre de ataduras e clichés.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz