Gdjazz Trío
GDJAZZ TRIO é unha formación de jazz acústico enfocada na interpretación de temas do estilo "hard-bop" incluindo tamén música orixinal do seu band-leader Javier Pereiro.
O trío ven a ser unha das formacións que brindan máis liberdade aos músicos nos campos da interpretación, expresión artística e comunicación, permitíndolles acadar unhas cotas de enerxía e emotividade por riba do habitual. Ó mesmo tempo este formato resulta altamente desafiante pola súa dificultade, xa que como se soe dicir, canta máis liberdade, maior responsabilidade.