Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sheila Jordan

A sala Jazz Filloa presenta unha dobre actuación de Sheila Jordan, á que catalogan como a última gran voz da época dourada do jazz e historia viva do xénero, cos seus 90 anos. 

A artista, que subirá en dúas quendas ao escenario da sala, foi denominada polo célebre Charlie “Bird” Parker como “a cantante cun oído dun millón de dólares”. 

Galego

Josemi Carmona e Javier Colina - De cerca

Josemi Carmona (guitarra flamenca) e Javier Colina (contrabaixo) firman a dúo unha conversación musical, un diálogo que de forma natural  fusiona e achega linguaxes distintas. 

Entre profundos ecos flamencos e o swing jazzístico que os caracteriza, guitarra e contrabaixo reúnense para explorar un repertorio concibido con gran finura. Pezas populares de raíz latinoamericana altérnanse coas sempre elegantes composicións de Josemi.

De Cerca conta coa colaboración -fundamental no proceso de creación- de Bandolero (percusión e palmas).

Galego

Boreas

Este proxecto está centrado na revisión, a través de arranxos orixinais, de cancións que forman parte da cultura popular e que son fortes influencias para os compoñentes de Boreas. En In my Life atopamos obras maestras de The Beatles tratadas desde o prisma duns músicos habitualmente inmersos no terreo do jazz e a improvisación.
 
Boreas está formado por:
 
Álvaro Vieito_guitarra eléctrica e acústica
Xan Campos_piano
Luis Salto_contrabaixo
Jesús Pazos_batería

Galego

6 mulleres

Sumrrá son Manuel Gutiérrez ao piano, Xacobe Martínez Antelo ao contrabaixo e LAR Legido á batería. Nos algo máis de 18 anos que levan xuntos, deixan atrás concertos por cinco continentes, posicionándose coma un dos tríos de jazz estatal máis importante.

Neste 2018 están presentando o seu sexto disco, 6 Mulleres, adicado a seis mulleres referentes da loita feminista en todo o mundo.

Sen dúbida o seu disco máis internacional (lanzado e producido polo selo neoiorquino Clermont Music) chega no momento de maior visibilidade e recoñecemento da banda

Galego

Petros Klampanis

Petros Klampanis actúa acompañado polo pianista César Latorre. Klampanis formouse en Nova York xunto con recoñecidos músicos de jazz, como o bsaxofonista Greg Osby, o pianista Jean-Michel Pic ou o baterista Ari Hoening. A súa obra tamén recibe a influencia da música folk do Mediterráneo e dos Balcáns. 

A entrada custa 7 euros e o concerto contará con dous pases. 

Galego

Savoy Club Big Band

Volve a Savoy Club Big Band ao Garufa Club, dirixida por José Somoza. A agrupación ofrecerá un repertorio baseado no latin jazz. A actuación quere lembrar ás das grandes bandas e intérpretes da época, coma Xavier Cugat e a súa orquestra, Tito Rodríguez, Tito Puente ou a Afro-Cubans de Machito e Mario Bauzá. 

A entrada ten un prezo de 10 euros con consumición mínima. 

Galego

Oldtimers Jazz Band

Oldtimers Jazz Band é unha banda checa que foi fundada no ano 1968, e segue o estilo dos inicios do jazz en Nova Orleans, interpretando as cancións coa mesma forza emocional e facilidade improvisativa. 

Formada por Josef Krajník (trompeta, vocalista e director artistico), Rudolf Musil (clarinete, saxo soprano e vocalista), Jaroslav Zelený (trombón e vocalista), Antonin Šturma (banjo e guitarra), Pavel Šlosar (contrabaixo) e Petr Zimák (bateria).

Galego

Dous

A viaxe de Yoyo é o título do terceiro traballo discográfico de Dous, unha viaxe sonora polo universo particular destes dous recoñecidos músicos galegos con arrecendos a jazz e músicas do mundo.

Un concerto cheo de matices para ser escoitado con atención e deixar viaxar a imaxinación, no que prima a busca da emoción por riba do virtuosismo instrumental.

Galego

Miguel Lamas Project

O coñecido bateria ferrolán presenta o seu segundo traballo Miguel Lamas Project, para o que contará co guitarrista e cantante madrileño Carlos Leal e o famoso cantante neoyorkino Dean Bowman, coñecido polo seu traballo con Screaming Headless Torsos ou Jon Scofield entre outros. Ademais, por suposto, dos músicos base da banda: Iago Mouriño (piano), Pablo Añón (saxo) e Octavio Vargas (baixo).

Galego

Juyma Estévez

Trío de jazz que mestura tradición e modernidade.

Coa súa música tentan que o publico disfrute dunha velada na que por un intre as preocupacións e problemas diarios desaparezan do seu corazón, deixando un sorriso de complicidade debuxado nas súas caras.

Formación:

Juyma Estévez: contrabaixo, arranxos e composicións

David Regueiro: guitarra

Noli Torres: batería

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz