Jazz

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Antonio Serrano e Albert Sanz

Antonio Serrano é un prestixioso músico español. Foi membro durante 10 anos do grupo de Paco de Lucía, co que realizou oito xiras mundiais. Ademais conta con varios galardóns, entre os que destacan un Grammy Latino e o Masters of Mediterranean Music en jazz flamenco.

Como músico de jazz tocou con varios grupos e músicos de prestixio internacional, e como solista con orquestras sinfónicas de disitntos países. 

Nesta ocasión estará acompañado do pianista Albert Sanz. 

Galego

Once

Abe Rábade Trío presentará o seu último disco, Once, na Sala Jazz Filloa.

O trío está liderado polo pianista Abe Rábade. Conta ao contrabaixo con Pablo Martín Caminero e á batería con Bruno Pedrosa.

Galego

Festival de Jazz de Lugo

Celebración do XXVII Festival de Jazz de Lugo con concertos en diversas salas da cidade.

Os afeccionados do jazz poderán gozar de multitude de actuacións grazas á organización da asociación de Amigos de Jazz, Escobijaz, que leva desde 1989 presentándonos a mellor música jazz na cidade.

 

Programa:

11 de noviembre de 2017

20:30 horas. Concerto de Ricca. Círculo das Artes. 

23:45 horas. Concerto de Olga Reznichenko Quinteto. Clavicémbalo.

12 de noviembre de 2017

Galego

Noite Jazzería: Sofía Ribeiro + Dr. Maha's Miracle Tonic

A cantante portuguesa Sofía Ribeiro é coñecida por todo o mundo como unha das mellores compositoras de música jazz da época. Ademais tamén é capaz de evocar sentimentos e emocións no público que a observa. Actualmente Sofía conta con oito discos e interpretou as súas cancións polos escenarios de diferentes festivais e eventos de todo o mundo. Tamén obtivo diferentes premios pola súa voz.

Galego

Baldo Martínez Grupo

O contrabaixista Baldo Martínez é unha das figuras máis interesantes do jazz nacional na actualidade, cun estilo similar ao europeo pero con raíces do folklore contemporáneo.

Despois de participar en numerosos grupos musicais e levar a súa música por todo o mundo, actualmente presenta o seu último proxecto Vientos Cruzados, que representa co seu grupo.

As súas interpretacións chegaron a festivais de numerosos países ademais de gañar premios polas súas composicións.

Galego

Felipe Villar Organ Trio

O novo trío de órgano do guitarrista Felipe Villar comeza a andar en 2016 con Alex Salgueiro no órgano hammond e Max Gómez na batería. Este trío xurde do amor por esta formación, clásica no Jazz e que nos ten deixado numerosos e memorables exemplos, dende Wes Montgomery a Peter Bernstein.

A calidez do sonido do órgano e a súa mestura coa guitarra son o ponto de partida para revisar standards, blues, funk e tamén temas orixinais do repertorio de Felipe Villar

Galego

Alfredo García Quintet

O presente proxecto foi unha evolución da anterior formación, Alfredo García Quartet, que cultivou éxitos nos festivais de jazz galegos e galardóns como o Primeiro Premio no Concurso de Maquetas Jazz Fusión organizado por FNAC. Trala maqueta o proxecto converteuse no álbum Riding into a new path.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Jazz