Alfonso Calvo Septet
O contrabaixista santiagués Alfonso Calvo acode ao Festival ImaxinaSons en formato de septeto, acompañado polos músicos Pablo Castaño, Xosé Miguélez, Rubén Salvador, Luís Miranda, Manuel Gutiérrez e Xabier Barral.
O septeto presentará o disco Sea Ahead, o segundo traballo de Alfonso Calvo, un músico que se iniciou na música de forma autodidacta con 16 anos, idade a quecomezou a tocar o contrabaixo. A agrupación contará cun invitado especial na súa actuación en ImaxinaSons: o músico Ton Risco, que se encargará do vibráfono.