Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Na varanda

Na varanda é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela.

É unha proposta na que o público realizará a súa propia exposición de arte contemporánea empregando as obras dos fondos da Colección CGAC. As persoas participantes poderán coñecer de primeira man todo o proceso, fases e aspectos que agocha unha mostra artística.

O programa (todas as sesións serán os venres de 18:30 a 20:30 h) consta de dúas partes:

Parte 1

Galego

Homenaxe ao profesor Xesús Alonso Montero

O profesor Xesús Alonso Montero está de aniversario. Con motivo de cumprir noventa anos, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e as tres universidades galegas invitan a unha xornada de homenaxe, que será organizada pola Asociación Premios da Crítica de Galicia. 

A entrada ao acto institucional no auditorio da sede de Afundación en Vigo será libre ata completar capacidade. 

Galego

Día das Librarías 2018

O Día das Librarías é unha celebración anual na que os libreiros buscan recordar aos lectores a importancia das librarías como espazos para descubrir e mercar libros. Organizada por CEGAL, a Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, a xornada trae aperturas máis amplas de librarías ou actividades especiais nas mesmas. O calendario de actividades permite descubrir cales son as librarías máis próximas nas que se organizan eventos. 

Galego

I Semana poética Victoriano Taibo

Organizada polo Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, a I Semana poética Victoriano Taibo serve de marco para a entrega do XI Premio Victoriano Taibo. 

Desde o sábado día 10, o evento encherá de versos a vila de Gondomar nunha festa poética que terá un fermoso ramo o día 17 coa entrega do premio desta décimo primeira edición a Laura Ramos Cuba.

Galego

I edición do Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia

Santiago de Compostela converterase nun estudo de cine aberto onde se poñerá a proba o talento dun cento de profesionais e estudantes do sector audiovisual procedentes de España, Alemaña, Italia, Francia, Suíza ou Noruega que se unirán para formar equipos de rodaxe espontáneos e elaborar curtametraxes que, despois, se proxectarán ao público.

Organiza a asociación Kino Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, do 29 de outubro ao 3 de novembro. 

Galego

Asaltos!

A Cidade da Cultura acolle Asaltos!, ring dialéctico no que diferentes actores culturais e creativos se enfrontarán en combates creativos. 

Asaltos! é un ciclo ao redor do feito cultural que, a través dun formato rompedor e innovador, pretende sacar fóra da súa zona de confort a creadores e artistas. Tamén ao público, protagonista activo nos catro rings dialécticos nos que se creará, amosará e defenderá a riqueza, variedade e singularidade dos novos procesos creativos dentro e fóra de Galicia. 

Galego

Día da biblioteca

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

 

-Mércores 24 de outubro ás 18:00: “A Biblioteca secreta”. Marisa Irimia. Descubriremos o por que de todos os segredos que esconde a misteriosa Biblioteca Secreta. A partir de 4 anos. Aforo: 35 nenos/as.

 

-Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.

-Concurso: Que é a biblioteca para ti? Describe que é a biblioteca para ti a través dun debuxo ou dun texto. Prazo de presentación de traballos: 20 setembro-20 outubro

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades