Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Escape room de Harry Potter

Actividade baseada nos xogos de escapismo mesturada con elementos de rol onde un grupo de meigas e meigos deberán solucionar unha serie de probas para escapar da prisión de Azkaban seguindo as instruccións deixadas por Sirius Black.

A cargo de Antón Carro, participante no Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Precísase inscrición previa na biblioteca ou por teléfono, máximo 16 participantes.

Galego

El oasis de las palabras

ENCONTRO ENTRE DÚAS POETAS, María José Viz e Rosi Sarmiento

Presentación, Ana Julia Martínez (escritora e guionista)

Acompañamento musical: Jesús Garabato

Data: venres 26 de abril, á 18:30 horas

Lugar:  Salón de actos

Entrada libre ata completar aforamento

 

Galego

Tarde de xogos na biblioteca

Invitámosvos a xogar a unha pequena escolma de xogos de diferentes temáticas para o desfrute de toda a familia.

Actividade dinamizada por membros da Asociación 6d6.

Para todos os públicos.

No salón de actos, a partir das 16 ata as 21h. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Día do usuario/a das bibliotecas

 

Sorteo de 2 lotes de libros (adulto/ infantil) entre os usuarios que utilicen a biblioteca os días 10 e 11 de xaneiro.

 

10 de xaneiro: Visitas guiadas á biblioteca ás 12:00 h. e ás 18:00 h. para coñecer a fondo os servicios e funcións da biblioteca.

 

Nomeamento de socios e socias de honra 2025. Para os 3 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no 2024. 

Galego

Día do Usuario e da Usuaria

Co gallo do Día do Usuario e da Usuaria, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés convida a todos os seus lectores e lectoras a participar nas actividades conmemorativas previstas. A saber:

VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA

Ás 12:00 e ás 17:00 horas, quen desexe coñecer os servizos, espazos e as coleccións coas que contamos poderá facelo na compaña de persoal da Biblioteca.

NOMEAMENTO DE SOCIAS E SOCIOS DE HONRA

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades