Outras actividades

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unha viaxe marabillosa

Esta actividade enmárcase no intercambio xuvenil A Europa moza le e crea do proxecto Reading and non-formal education subvencionado polo programa europeo Erasmus+ e coordinado por Xandobela.
Este proxecto é unha asociación estratéxica no ámbito da xuventude co que se pretende experimentar, crear e difundir novas metodoloxías para promover a lectura entre adolescentes desde a educación non formal.

Galego

Viaxar lendo

Escribide nas nosas redes sociais o nome da cidade onde transcorre o libro que ledes, o título e o autor ou autora. Con eles faremos mapas e listas de lectura para configurar unha viaxe literaria.

#DíadoLibro #aculturasegue

Viaxar lendo

Como resultado da vosa participación temos 98 puntos no mapa e 75 obras na listaxe.

Moitísimas grazas pola magnífica viaxe e seguide achegando destinos se o desexades.

Galego

Premio de novela Do Peirao 2019

Edicións Do Peirao convoca a terceira edición do seu premio de novela; sendo a data límite para presentar as obras o venres 20 de setembro de 2019 a través do correo concurso@dopeirao.eu. A obra gañadora recibirá unha dotación económica de 600€ en concepto de anticipo da publicación. Os traballos presentados deberán ter unha extensión mínima de 120 páxinas en DinA4 a dobre espazo con fonte Time News Roman ou Arial a tamaño 12.

Galego

Rosalía en Camiño

Xoves 11 de xullo

Rosalía e o Camiño en Compostela, con Curros Enríquez

18.00 Recital no Panteón de Galegos Ilustres coa Fundación Curros Enríquez. Participan: Taha Adnan, Frank de Crits, Geert van Istendael, Serge Meurant, Silvia Vainberg, Bart Wonck, Ramón Neto e Xavier Queipo.

19.30 Presentación de Minutos para medianoite, de Ramón Neto e Xavier Queipo na libraría Couceiro, con Francisco Castro.

 

Venres 12 de xullo

Galego

Retos lectores verán 2019

Lembrades os retos lectores do verán 2018?  Pois xa estamos noutro verán e queremos volver a desafiarvos. Esta vez facémosvos partícipes da concienciación das bibliotecas en relación con retos da nosa vida cotiá: igualdade, medio ambiente e alfabetización dixital.
Entre xullo e agosto hai case 9 semanas, imos propoñervos un reto lector cada tres semanas.
Animádesvos a participar?

Galego

Historias do camiño

Cedemos o espazo da biblioteca a Xeración, unha asociación de Ferrol activa na dinamización cultural da cidade dende 2013, que organiza este evento conformado por unha presentación documental, unha exposición e unha Biblioteca Humana.

É un proxecto internacional con 24 artistas procedentes de toda Europa que percorreron o Camiño inglés recompilando fotos, vídeos e historias. Neste evento, que pecha o proxecto, presentan a súa experiencia no camiño a modo de Biblioteca Humana e expoñen os seus relatos, láminas e audiovisuais recollidos durante a peregrinaxe. 

Galego

'Chupa la gamba'

'Chupalagamba' é un evento de moda, arte e deseño que terá lugar o 8 de xuño na Escola Unitaria.
O obxectivo do mesmo é presentar o resultado da colaboración entre tres marcas e un artista visual invitado.
Ademais da presentación, durante todo o día haberá diferentes actividades; comezará pola mañá cunha charla, seguido dun DJ con sesión vermú e unha actuación musical como peche.
+Info

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Outras actividades