Jam da madriña
No Auditorio Constante Liste (Auditorio da Ramallosa) do Concello de Teo, concerto de Uxía acompañada de convidados e convidadas.
Entradas anticipadas (10 euros) en A Senra Café (Pontevea).
No Auditorio Constante Liste (Auditorio da Ramallosa) do Concello de Teo, concerto de Uxía acompañada de convidados e convidadas.
Entradas anticipadas (10 euros) en A Senra Café (Pontevea).
Un total de 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 11 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).
O concerto basearase no The Tambourine Man, o novo traballo de Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo...
Cita coa música folk da man de Kepa Junkera, que chega cunha homenaxe particular á trikitixa en colaboración coas compoñentes de Sorginak.
Os de Seattle volven á carga con novo traballo, 'Solid States', co que andan a xirar polos escenarios para presentalo ao vivo.
O grupo liderado por Ken Stringfellow e Jon Auer é unha das formacións de referencia do power pop e o rock alternativo, unha fusión de pop redondo e guitarras ruidosas que comezou a súa viaxe musical a finais dos 80. Con varios traballos ás súas costas, The Posies ven de ampliar a súa discografía con 'Solid States', o primeiro disco dende que en 2010 sacaran 'Blood/Candy'.
Pandeiretas e Adufes son perfectos aliados da copla, gala do xardín encantado da lírica galega como dicía Cabanillas.
O novo traballo de Xabier Díaz (Berroguetto, NovaGalega de Danza, aCadaCanto) xunto coas Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular, preséntase como o lugar onde a tradición non esmoreceu, onde queda sitio para o baile e o aturuxo…
Foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.
Esta actuación musical está dentro da programación da Rede galega de música ao vivo.
Máis información de Caxade, aquí
Mehdi Nassouli creceu inmerso na cultura Gnawa de Marrocos. Un prodixioso talento musical, aprendeu a tocar unha ampla gama de instrumentos a unha idade temperá, converténdose en todo un apaixonado da laúde de tres cordas arrancadas, a guembri. Antes de embarcarse na súa carreira internacional, que pasou unha década Marrocos cruzan, o estudo das diversas disciplinas musicais rexionais de acordo con algúns dos principais expoñentes do instrumento.
A finais do 89 decidiron dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.
ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Noite para o folk galego con Pepe Vaamonde Grupo, que presentará ao vivo o seu novo disco 'Nas pedras do lar'.
A actuación está encadrada dentro da súa xira de Nadal que comezou o pasado 8 decembro e na cal o artista conmemora o 20 aniversario do lanzamento do seu primeiro álbum, A Irmandade das Estrelas. No seu tour musical o artista percorrerá vinte cidades españolas e outras tantas en Estados Unidos, rematando no mes de xaneiro en Madrid.