Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Kepa Junquera

Kepa Junkera, mestre da trikitixa, traerá a música tradicional de Euskadi a Lugo.

O compositor, produtor e músico vasco Kepa Junkera actúa acompañado da Orquestra de Jazz de Galicia, dentro da programación das Festas de San Froilán.

Galego

A Quenlla

Concerto monográfico homenaxe a Manuel María con A Quenlla, o grupo que máis cancións ten no seu repertorio deste escritor.

Actuación dentro da programación das Festas do San Froilán de Lugo.

Galego

III Festival da gaita cidade da Coruña

Unha xornada para deixarse arroupar polo son das gaitas cun festival organizado pola Asociación Cultural Airiños da Torre.

O festival sube ao escenario do Centro Ágora da Coruña ao Grupo de gaitas "Catalmibre", o Grupo de gaitas tradicional "Airiños da Torre" A Coruña, a Asociación Cultural Bieito Fandiño e a Coral Asociación Cultural "Airiños da Torre" A Coruña. Homenaxe a Xosé Taboada Sánchez.

Galego

Roi Casal

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego e gran virtuoso na arpa céltica, a zanfona e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, formou parte de Milladoiro, a formación máis internacional da música galega.

Na actualidade, Roi Casal está considerado unha das principais referencias musicais da música galega. O seu estilo é moderno e contemporáneo, combinado cos aportes da terra da que é orixinario. Trátase dun dos grandes expoñentes da música do estado español.

Galego

Vaia Trío

Proxecto en formato acústico de tres ex membros de Fía na Roca que ofrecen unha proposta moi interesante para gozar ao aire libre.

Vaia Trío son Xosé Ramón Vázquez, no acordeón; Giao Rodrigues, na guitarra e a mandolina; e Roberto Santamarina, no violín. Trátase de tres grandes da música que durante 15 anos tocaron xuntos en Fía na Roca. 

Galego

Treixadura

Treixadura actúa nunha das citas salientables do verán onde o público pode gozar non só de grupos galegos, senón de formacións doutras culturas e pobos celtas.

O festival procura que converterse nun referente neste estilo de música folk tanto no concello como no Sur de Galicia e Norte de Portugal.

Nesta edición, como novidade, intégrase o festival 'Bailamos'. Deste xeito, na tarde do sábado poderase gozar das actuacións de dez grupos de baile galego do concello de Mos. 

O certame conta con sitio para facer acampada e gozar dos dous días.

Galego

Banda Crebinsky

Esta agrupación saca no 2010 o seu primeiro disco, titulado Banda Crebinsky, cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comeza a ofrecer concertos en diversos formatos e acadan importantes premios.

En marzo do 2012 sae á venda o seu segundo disco, Jet Lag, publicado por Boa Música, no que a Banda opta por un son máis ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos,f ranxas horarias, culturas e idiomas nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.

Galego

Encontro de gaiteiros

Encontro vinculado á XXXI Xuntanza Internacional de Gaiteiros. A música da gaita empezará a soar ás 21 horas nunha xornada de homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano da Coruña.

Participan diferentes formacións, entre elas a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

O cartel complétase con outras agrupacións galegas, nacionais e mesmo de Grecia, Holanda, O Xapón e Portugal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk