Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Vinde todas

O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado a sete pandeireteiras e, a través delas, a todas as mulleres que crearon e interpretaron poesía popular galega e transmitiron con ela a lingua propia de Galicia. A Rede de Dinamización Lingüística e o seu programa FalaRedes súmanse á celebración con 4 concertos do espectáculo musical Vinde todas, de Carmela.

Galego

Malvela

Como parte da programación da Xunta de Galicia para as Letras Galegas 2025, o emblemático grupo mosense de música tradicional, dará varios concertos organizados pola Secretaría Xeral de Lingua en concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

 

17 de maio de 2025

13:00 h. Ames (Carballeira de Bugallido)

 

18 de maio de 2025

20:00 h. O Rosal (Auditorio Municipal)

 

24 de maio de 2025

20:00 h. A Illa de Arousa (Auditorio Municipal)

Galego

Concerto de Madialeva

“As Cantareiras Madialeva interpretarán no marco do Día das Letras Galegas 2025 unha escolma de cantigas populares e poemas musicados.

Este ano coma as súas devanceiras que promoveron a tradición oral, elas traen tamén do pasado á actualidade un legado que non debe morrer xamais. Farán deste encontro unha mestura de morriña, retranca, bo humor e sentimento para o desfrute de todas as persoas que queiran acompañarnos.”

Data e hora: sábado 10 de maio ás 12.00 horas

Público destinatario, xuvenil e adulto

Galego

As nosas letras, as nosas cantigas

Concerto de música tradicional arredor das pandeireteiras e a literatura oral. Un espectáculo que nos achegará de xeito lúdico e participativo ao noso patrimonio inmaterial. Un percorrido musical por toda Galicia, amosando os diferentes xéneros e instrumentacións. 

Argallo é un grupo de pandeireteiras composto neste momento por 11 mulleres de idades moi variadas, profesións de todo tipo e vidas moi diferentes. Desde o ano 1997 pasaron moitas persoas por este grupo pero todas tiñan o mesmo espírito: gozar cantando e tocando, e contaxiar esa enerxía e sentimento a quen as escoita.

Galego

Na cerna do son

-Presentamos unha fusión das artes: Danza, música e poesía/narración. 

Proposta multidisciplinar na que recuperamos A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA , fusionando a música do piano, caixón e voz xunto á danza contemporánea de Ricardo Fernández, membro de NOva Galega de Danza e a declamación e narración por parte de Luis Iglesia, actor que actuará como fío conductor do espectáculo onde terá cabida o tema da emigración, onde él recitará poemas e explicará o por qué se realizaba cada canción nun momento determinado como é o caso dos cantos de labor ou os alalás por exemplo.

Galego

Banzo

Os do fondo da barra nacen do grupo de cantareiros de Xacarandaina, asociación constituída no 1978 para a investigación do folclore galego, sempre procurando a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendendo ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Ben en solitario ou acompañando ao grupo de baile teñen percorrido gran parte da Península e participado en festivais no extranxeiro, acadando numerosos premios e recoñecementos por todo o mundo.

Galego

Caamaño&Ameixeiras - Quitar o aire

Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz. Desde o seu nacemento, en 2018, este dúo conta cunha intensa traxectoria, tanto a nivel nacional como internacional. Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos e situando a emoción en primeiro plano.

Galego

BUDIÑO - NOVO DISCO - XIRA "BRANCA VELA" 2024

O oitavo disco do compositor galego conta cun espectáculo en directo exclusivo que combina o virtuosismo do músico, unha banda de novos talentos e algunhas das mellores voces deste país. Unha gran conxunción de música e baile, do tradicional coa vangarda. Branca Vela é a combinación de ritmos, sons, instrumentos e percusións tradicionais coa electrónica máis revolucionaria. É unha máxima que persegue Budiño dende os seus comezos. É o traballo de produción e composición máis complexo da súa carreira.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk