Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Rosa Cedrón

O amor nas súas diferentes formas convértese en temática recurrente de “Entre dous mares”. Dende a pureza do afecto universal e sincero de “Máis amor” ata o arraigo transformado en dor de “Arde el mar” pasando polas reminiscencias das cantigas de amigo no “Romance de Mirabella”.

Galego

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Logo de un ano de xira e galardóns... mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016), e mesmo manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre continúan por Ourense coa súa xira con The Tambourine Man.

 

 

Galego

Tanxugueiras en concerto

Tanxugeiras é un grupo de tres cantareiras ( Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza, con sede en Couso ( A Estrada). Formado oficialmente en Xaneiro do 2016, co paso do tempo decidíronse a aumentar o grupo, creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernandez (acordeón), enriquecendo así a súa sonoridade.
Úneas simplemente o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas...

Galego

Antilia en concerto

Antilia trae ás redes de Cultura no Camiño a súa formación máis sinxela, para espazos máis pequenos e para gañar proximidade co público.

A banda achégase a todos os recunchos galegos na súa formación a dúo, con María Costas na voz  e Jose 'Churruca' na guitarra. Os temas que engrosan o disco Norte e Sur  chegan agora executados coa pureza do acústico e co sentimento que se xera cando o público está aí ao pé, participando, cantando e bailando co grupo.

Galego

Davide Salvado

Lobos  é o novo disco de Davide Salvado. Producido por Pedro Pascual (Talabarte, Marful), nel Davide vese arroupado por músicos do tamaño de Santi Cribeiro, Xavi Lozano, Quim Farinha , Miguel Hiroshi ou LAR Legido, entre outros. Os lobos inspiran este disco, como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Desde os de Isaac Díaz Pardo para Sargadelos ata os que cantan e se convirten en home... ou ao revés.

Lobos está feito desde o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.

Galego

Talabarte

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escena musical galega, o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin Garcí.

Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto adobiado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz pasando polo tango ata a tradición musical europea.

Galego

Sanjurjo & Dopico

Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Balakandra, Leixaprén) unen forzas neste novo proxecto no que nos ofrecen un repertorio de novas creacións, revisitan temas das súas antigas formacións e atrévense con clásicos de artistas como Batallán, Cafrune ou Noriel Vilela, entre outros.

A formación para o concerto de Artabria
Martín Sanjurjo - Guitarra, Mandolina, Dobro e Voz
Manolo Dopico - Guitarra e Voz
Rubén Lamas - Baixo e Voz
Álvaro Cardalda - Acordeón e Voz
Carlos Pedrosa - Batería e percusión

Galego

Homenaxe a Ricardo Portela

Concerto de homenaxe ao mestre Ricardo Portela, a cargo do gaiteiro Oscar Ibáñez, con motivo do 25 aniversario do pasamento do mestre gaiteiro (Viascón 1920-Pontevedra 1992).

Esta actuación forma parte do programa de actos que se desenvolven ao longo do día en  Cerdedo-Cotobade e mais Pontevedra, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Pontevedra e Concello de Cerdedo-Cotobade.

 

Galego

Caxade + Oquestrada + O Sonoro Maxín

Caxade foron unha das grandes revelacións da música galega con "A dança das moscas" gañándose o sobrenome de «Os Beirut galegos». Este ano volveron con "E isto é o amor", onde profundan a vea pop da súa proposta, debuxando un universo temático de emocións suaves, metáforas políticas e cancións que se debuxan na mente ao escoitalas.

Esta actuación musical xunto Orquestrada e O Sonoro Maxín está dentro da programación musical e cultural das Festas de Ourense.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk