Raíz/folk

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto do grupo folk Ensamble Transatlántico Internacional

O grupo de folk “Ensamble Transatlántico de Folk Chileno” está formado por músicos de diferentes países que levan a cabo actividades culturais a través da música.
Creado en Chile no ano 2012, este grupo toca unha serie de composicións innovadores baseadas na música tradicional popular chilena.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Luar na Lubre en concerto

Neste concerto e traballo de Lugar na lubre, a música medieval ten un importante protagonismo, maiormente a galaico-portuguesa, ainda que tamén estarán presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas, así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no Leabhar Ghabhala Eireann ou libro das invasións de Irlanda, escrito por monxes irlandeses no século XII, sendo unha publicación de referencia na súa historia, e que coincide no tempo coa época de máximo explendor da propia lírica galaico-portuguesa.

Galego

Milladoiro

Concerto con temas produto do labor de recuperación e reivindicación da tradición musical galega.

Nas súas actuacións empregan instrumentos como a gaita galega, a gaita irlandesa, a arpa celta, o bodhrán, a pandereita  ou a zanfona, xunto outros máis universais como o clarinete, a frauta traveseira, o violín, o tin whistle ou o bouzouki. 

Galego

Revenidas

Os Diplomáticos de Monte Alto, Heredeiros da Crus, Ulträqäns, Rastreros, Leo e Arremecaghona ou Terbutalina son algúns dos grupos que ofrece o cartel das Revenidas 2014, un festival que na súa undécima edición conta con máis de 23 actuacións musicais. Durante os días 22, 23 e 24 de agosto, Vilaxoán convértese no escenario dunha gran festa da música galega, na que tampouco faltarán unha sardiñada popular e mais espazos para o teatro, o circo ou a maxia, con preto de 20 actividades de balde para todos os públicos.

Galego

Marful en concerto

O concerto prodúcese nun dos días grandes do calendario festeiro de Galicia na localidade de Redondela. Unha oportunidade nun entorno ben lindo coma a praza que fica detrás da Casa da Torre, un anfiteatro urbano de boa acústica e proximidade artística. En formación de cuarteto, ofrece as mellores cancións dos seus dous discos con algunha novedade que levan experimentando no seu repertorio nos últimos tempos.

Máis información na axenda da Central Folque

 

Galego

Avelaíña

A fusión de estilos é a marca que caracteriza a esta formación. Unha xuntanza de cores ben conducida pola súa cantante, Mª Xosé R. Rosales, quen sempre imprime ás melodías o seu carácter persoal. Dende unha base rítmica contemporánea, o grupo reune instrumentos tradicionais con arranxos de todo tipo, para chegar a un son novo, distinto e, sobre todo, identificativo.

Duración: 80 min
 

Galego

Raianas

Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso. O segredo do éxito de Malvela descóbrese ao velas cantar. Cando danzamos cos ritmos que nos transmite este grupo de mulleres que vai desde os máis de oitenta anos ata os vinte dámonos idea de que a nosa música tradicional non entende de idades, móvenos en todo tempo, forma parte de nós.

Galego

Andrés Penabad Trío

Andrés Penabad é un acordeonista folk cunha longa traxectoria profesional. Despois de formar parte, durante dez anos, de Muxarega e colaborar con outros músicos coma Kepa Junquera, Óscar Fernández ou Pablo Díaz, lanza o seu primeiro traballo en solitario: Crossing.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Raíz/folk