Xornadas de cinema, viño e cultura
Terceira quenda das Xornadas de cinema, viño e cultura, que nesta ocasión está dedicada a Lisboa e a Fernando Pessoa, ilustrada polo filme Sostiene Pereira, onde Marcelo Mastrioianni é protagonista.
Terceira quenda das Xornadas de cinema, viño e cultura, que nesta ocasión está dedicada a Lisboa e a Fernando Pessoa, ilustrada polo filme Sostiene Pereira, onde Marcelo Mastrioianni é protagonista.
A xornada Arte+Educación asume a continuidade das distintas achegas que desde a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega se veñen desenvolvendo nos últimos anos: Arte+Espazo Público, Arte+Grandes Eventos, Arte+Crise Social, Arte+Narrativa Gráfica, Arte+Pintura ou Arte+Coleccionismo.
Arte+Educación sitúa o foco sobre este binomio vertebral para a estrutura das artes visuais contemporáneas porén desatendido, ou mal atendido, desde o propio sistema.
Regueifas de Ciencia é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e está financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), pertencente ao Ministerio de Economía e Competitividade. Nesta sesión de peche o debate será sobre ciencia e fe.
Debate de Regueifas de Ciencia 2017: Seguridade e Privacidade Dixital
Na segunda sesión das xornadas de cinema, viño e cultura farase unha incursión na cidade de Nova Iork -e nomeadamente no Greenwhich Village- na axitada hora en que se deixou sentir o latexo da Xeración Beat. A proxección dalgúns pasaxes dun filme axudarán a respirar a particular atmosfera punteada polo jazz (no estilo máis intelectual e progresivo, o bop) que impregnou a inqueda vagabundaxe de Ginsberg e Kerouac na procura do dharma. Ademais, tamén se abordará como contracultura americana deixou a súa pegada en poetas de ámbitos ben distintos, como Carlos Oroza.
Con motivo da exposición Con-Fío en Galicia, a Cidade da Cultura organiza unhas xornadas coas que reflexionar sobre o mundo da moda desde múltiples vertentes: expositiva, artística, económica e social.
A Secretaría Xeral de Cultura organiza unha nova edición de Nethinking. Por sexto ano consecutivo San Simón vaise converter nunha sorte de illa virtual.
A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2016 ao poeta lucense Manuel María Fernández Teixeiro.
A Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense, é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 10 e 14 de maio de 2016.
ICCWEEK é moito máis que unha feira profesional. É un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Musical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos.
Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades que poñerán en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21.
Na primeira sesión das Xornadas sobre Cinema, Viño e Cultura tentarase de subliñar o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba cÁlvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. Os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta dos gustos predominantes en materia de viños e das claves esenciais dos creadores que se deron cita naquel Bos Aires da primeira metade do século XX, e haberanse de mesturar coas achegas do adegueiro de Terra de Asorei que presentará os viños que se terán de catar nes
Baixo a dirección de Lino Braxe, as actrices Sabela Hermida, Rebeca Montero, Amalia Gómez e Manuela Varela recitarán, con acompañamento musical, unha escolma de poemas que marcaron a María Casares, quen cada 25 de xullo lía na radio francesa poesías que lembraban as súas orixes.
Na selección deste recital atópanse versos de Luís Seoane, Rosalía de Castro, Curros, Lorca, Rafael Alberti, Yeats ou Rimbaud, entre outros.