Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Apren-Deimi

Deimi é un mago do Ribeiro que leva anos movendo os seus espectáculos por todo Galicia actuando tanto para público infantil como adulto. Un mago total que ademais de tocar a parte máis divulgativa da profesión, ten unha gran técnica e un interesante repertorio de números: escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello,  maxia con lume, levitacións, mentalismo ....

Maxia moi variada e divertida para o programa Cultura no Camiño.

Galego

Espanada gaiteiros

Quinteto de música tradicional galega composto por dúas gaitas, clarinete ou acordeón, tambor e bombo.

Amplo repertorio popular, tradicional e propio, con moitas pezas cantadas.

A duración da actuación pódese adaptar ás necesidades do evento.

Galego

Hakuna Matata

Espectáculo de pasarrúas para todos os públicos.

Sinopse: Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do Gran Circo Krasnobarak, pero… que acontece? Non hai carpa! Tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. non hai ninguén!

Pasado un anaco aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta que hai un problema maior: os animais do circo andan perdidos pola cidade!! Haberá que saír a buscalos!

Galego

Titeremusicontos

Un espectáculo no que os contos tradicionais galegos cobran vida a través dos títeres e son cantados e contados para que os máis cativos pasen un bo momento aprendendo, escoitando e cantando connosco.

Deixa, ademais, un camiño aberto a que nenas e nenos indaguen nos contos e na cultura a través dos avós, avoas e persoas que tiveron a oportunidade de crecer coa rica tradición oral que hoxe en día se está a perder.

Galego

400 anos despois (Cervantes & Shakespeare)

Neste ano 2016 cúmprense os 400 anos da morte de Miguel de Cervantes e Willian Shakespeare o 23 de Abril de 1616. As súas obras son os cimentos da literatura pasada, actual e futura en todo o mundo. As súas escenas, as súas personaxes, os seus estilos seguen presentes no fondo de armario dos libros que se editan hoxe en día.

Neste espectáculo procúrase achegar estas dúas figuras imprescindibles da literatura universal ao lector máis novo,  a través das súas obras e dos seus contextos farase unha emocionante viaxe no tempo ata o Renacemento.

Galego

A fada Diana no bosque musical

Benvido ó meu máxico mundo.

Acompáñame a coidar o bosque, pero, ¡coidado! a malvada bruxa Contaminación induciravos a tirar lixo por todas partes.

Eu soa non podo ¡pronto atoparei uns aliados moi poderosos!

Así, escoitando os sináis da natureza e mediante xogos e cancións, desvelaremos o enigma dos "Tres Erres".

Axudádeme a conservar o noso preciado planeta e descubrir este mundo de fantasía e bos sentimentos no que querrás quedarte.

¡Adiante

Galego

Contos para escagarriñarse

Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas

Ghazafelhos pon á proba os esfínteres familiares coa súa última proposta, onde representan tres historias de terror, misterio e loucura coas que os pais, nais, avos, avoas, etc.. torturaron docemente durante a a infancia.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño